Democracia

A Universidade de Vigo, fomentadora da democracia e da participación, inspírase nos principios de igualdade, solidariedade, democracia e liberdade. Por iso, tal e como indican os estatutos dos que se dota a Universidade, é deber de todas as persoas integrantes da comunidade universitaria e, en particular, dos seus órganos de goberno, dar plena efectividade a estes principios e impedir calquera tipo de discriminación. 

Periodicamente na Universidade celébranse eleccións democráticas entre os membros da comunidade universitaria para conformar os órganos de representación e de goberno.

Neste espazo atoparás información sobre os procesos electorais ao reitorado, ao Claustro Universitario, ás xuntas de centro e dirección, aos consellos de departamento, así como información sobre a elección do Consello de goberno e dos procesos electorais para a representación sindical e participación do alumnado.