Consellos de departamento

Os consellos de departamento son órganos colexiados de representación e decisión de cada departamento

Un dos seus cometidos de relevancia é a presentación da petición á Universidade do seu PDI e dos recursos económicos e materiais precisos para levar adiante candanseu plan de actividades.

 

  • A elaboración, a aprobación e a modificación da proposta do seu regulamento de réxime interno. 
  • A elección e a revogación da persoa que desempeña a dirección do departamento. 
  • A elección, se é o caso, dos ou das representantes do departamento en todos os órganos en que estea representado. 
  • A presentación da petición á Universidade de Vigo do seu persoal docente e investigador, así como dos recursos económicos e dos materiais necesarios para executar o seu plan de actividades docentes e investigadoras. 
  • A aprobación da proposta de distribución do orzamento anual do departamento e da súa execución. 
  • A revisión da avaliación do alumnado, se é o caso. 
  • A intervención nos procedementos de selección do persoal académico, segundo dispoñan os estatutos da Universidade de Vigo e dos regulamentos que os desenvolven. 
  • Calquera outra atribuída nos estatutos da Universidade.