Buscador de TFG e TFM

Mans de rapaz tecleando nu ordenador portátil

 

De acordo coas accións de mellora da calidade previstas no plan de financiamento do sistema universitario de Galicia 2016-2020, a Universidade de Vigo creou este espazo específico no portal web institucional para ofrecerlles aos membros da nosa comunidade e a toda a sociedade información pública sobre os traballos de fin de grao e de fin de mestrado realizados na nosa institución.

Velaquí unha ferramenta que che permitirá realizar as túas buscas por centro, por ano de lectura ou por palabra e coñecer os seguintes datos de cada traballo: título, data de defensa, dirección, composición do tribunal, facultade ou escola, resumo do contido e palabras chave.
 

Buscador


Normativa

O traballo de fin de grao é un proxecto persoal e orixinal, tanto no título como nos contidos, que cada estudante realizará de maneira autónoma baixo a titorización dun profesor ou profesora. Este traballo deberá permitirlle ao estudantado amosar de forma integrada a adquisición dos contidos formativos e as competencias asociadas á titulación. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade pola persoa interesada nalgunha materia de calquera titulación na Universidade de Vigo ou noutra institución académica, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos feitos nas actividades doutras materias da titulación.

Deseguido poñemos á túa disposición a información normativa específica da Universidade de Vigo que serve de regulación aos traballos de fin de grao e de mestrado. As súas finalidades son unificar os procedementos que faciliten o seu desenvolvemento e a súa xestión administrativa; procurar que, en función das particulares características que o traballo ten entre as materias da titulación, se manteña a súa integración na estrutura das ensinanzas; e garantirlle ao alumnado que a elaboración, a defensa e a avaliación do seu traballo se poida desenvolver de manera axeitada:

Asesoramento e formación

A Área de Normalización Lingüística pon á disposición do estudantado unha guía para mellorar a calidade lingüística no galego escrito nos traballos de fin de grao e de mestrado. Esta guía articúlase en varios apartados: observacións lingüísticas; solucións a erros recorrentes; claves para mellorar os traballos; criterios lingüísticos adoptados pola Universidade de Vigo; recursos e ferramentas informáticas; material didáctico elaborado da Área de Normalización Lingüística e anexos que resolven, a través de listaxes de termos, cuestións relacionadas coas abreviaturas, acento diacrítico, estranxeirismos, siglas, a táboa periódica dos elementos e termos abstractos e xenéricos e colectivos referidos á linguaxe inclusiva:

 

Infomación nas páxinas dos centros

 

Máis información: 

Servizo de Xestión de Estudos de Grao
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 607 | 986 813 609
soporte.grao@uvigo.gal

Servizo de Xestión de Estudos de Posgrao
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende, s/n
+34 986 811 950
posgrao@uvigo.gal