Ética na investigación na Universidade de Vigo

Ética e calidade

A Universidade de Vigo ten o firme compromiso de promover a ética e a calidade na investigación desenvolvida no marco da institución. Calquera investigación debe desenvolverse dentro dos límites establecidos polo ordenamento xurídico, entre os que destacan os derivados dos compromisos éticos asumidos pola comunidade científica e as normas deontolóxicas.

A Universidade de Vigo comparte o espírito da Declaración sobre a ciencia e o uso do saber científico da UNESCO, especialmente no relativo á necesidade de que a práctica da investigación científica e os seus resultados deben estar sempre encamiñados a lograr o benestar da humanidade, respectando a dignidade e os dereitos dos seres humanos e o medio ambiente.

Coincide tamén na necesidade de adoptar medidas axeitadas en relación cos aspectos éticos da práctica científica e o uso do coñecemento científico e as súas aplicacións.

A Carta Europea do Persoal Investigador, á que a Universidade de Vigo está adherida desde 2016, incide en que o persoal investigador debe observar as prácticas éticas recoñecidas e os principios éticos fundamentais correspondentes ás súas disciplinas, así como as normas recollidas nos códigos deontolóxicos nacionais, sectoriais ou institucionais.

 

Ecosistema de xestión de calidade na investigación


Máis información

 

 

Vicerreitoría de Investigación, Transferencia e Innovación
Edificio Filomena Dato
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 597
vicinv@uvigo.gal

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero, 3º andar
Campus universitario
36310 Vigo

+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal