O equipo de goberno

Equipo de goberno da Universidade de Vigo diante do edificio Exeria


O reitor ou reitora nomea entre o profesorado doutor que presta servizo na universidade os vicerreitores e as vicerreitoras para axudar no exercicio das súas funcións. A eles correspóndelles as competencias e funcións que lles asigne o reitor ou reitora. 

A persoa que ostenta a Secretaría Xeral é nomeada polo reitor ou reitora entre o funcionariado público que presta servizos na universidade, pertencente a corpos para cuxo ingreso se exixa estar en posesión da titulación de doutor ou doutora, licenciatura, enxeñaría, arquitectura ou equivalente. Entre as súas funcións está a de redactar a acta dos acordos adoptados polos órganos colexiados nos que actúe como tal, así como a de dar fe do resto das actuacións que coñeza por motivo do seu cargo. Así mesmo, auxiliará a persoa reitora nas tarefas de organización, de protocolo e de réxime académico. O secretario ou secretaria xeral tamén será membro do Consello de Goberno.