
Que estudar
Somos unha universidade nova e dinámica, que cambia contigo
A oferta formativa da Universidade de Vigo é ampla. Novos graos, mestrados e programas de doutoramento para cubrir as demandas da sociedade e do mercado laboral. Novas metodoloxías docentes: plataformas virtuais de teledocencia, videoconferencias...
No menú desta sección poderás acceder á información sobre os estudos de grao, mestrado, doutoramento e a formación permanente.
A Universidade de Vigo tamén oferta dúas titulacións enmarcadas dentro do Plan de Excelencia do Sistema Universitario de Galicia (Ultreia 2020) que son o Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e o Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais. Podes consultar as materias de ambos os graos na seguinte ligazón:
Para facilitar a busca de materias de grao e máster impartidas na Universidade de Vigo, poñemos á vosa disposición unha guía académica que permite consultar a oferta de materias por curso, cuadrimestre, idioma e facultade ou escola.
Ademais, encontrarás información sobre cursos de linguas e doutras disciplinas, plans en extinción, aprendizaxe en liña e todos os procedementos e indicacións para saber como acceder a cada un deles.
Se te achegas á universidade por primeira vez e dubidas sobre que titulación escoller, pode que atopes útil a consulta do apartado de orientación académica ou todos estes vídeos sobre as nosas escolas e facultades. Dálle ao play!