Selo de Calidade na porta dun centro certificado

Calidade

A Universidade de Vigo ten como obxectivo prioritario acadar as máximas cotas de calidade na xestión, na docencia e na investigación

Que significa calidade?

A calidade é un valor central e un compromiso que contribúe a levar a cabo a nosa misión como institución pública e a desenvolver a nosa visión de futuro como un referente innovador dentro do sistema universitario e ao crecemento intelectual da sociedade na que nos inserimos.

Aplicar este valor a todas as actividades en todos os ámbitos da universidade permite tamén aumentar o noso prestixio, a nosa reputación e o noso impacto.

Entendemos que calidade é satisfacer as necesidades e as expectativas de todas as persoas e organizacións que se relacionan con nós, pero tamén das persoas implicadas nos nosos procesos: na xestión, na formación e na docencia, na investigación e na busca cada día da mellora continua do noso desempeño.

Calidade significa tamén achegar valor nunhas condicións de servizo superiores ás que as persoas esperan recibir.

A nosa idea de calidade está cada vez máis integrada coa de responsabilidade social para contribuír ao desenvolvemento sostible e reducir o impacto medioambiental da sociedade á que prestamos servizo.

A Universidade de Vigo conta cun servizo, a Área de Calidade, responsable de desenvolver a política de calidade e os programas de calidade da universidade.

 

Calidade e sostibilidade

Para desenvolver a política de calidade e acadar os seus obxectivos, baseámonos na estrutura organizativa e nas responsabilidades establecidas nos estatutos e na normativa, como seguen:

 

Área de Calidade

A Área de Calidade ten por misión centralizar, coordinar e xestionar as actividades institucionais sobre calidade na Universidade de Vigo. Ten atribuídas as seguintes funcións principais:

  • Xestionar os programas institucionais de calidade nos distintos ámbitos de funcionamento da universidade (docencia, xestión e investigación).
  • Apoiar, asesorar e coordinar as actividades institucionais en materia de calidade na universidade.
  • Promover o desenvolvemento dunha cultura de mellora.

 

Consello Social
«A contribución á calidade da universidade e á elevación do seu nivel» (artigo 30.º b).
«A aprobación dun plan anual de actuacións destinadas a promover as relacións entre a universidade e o seu contorno cultural, profesional, económico e social ao servizo da calidade da actividade universitaria» (artigo 30.º d).

 

Consello de Goberno
«A promoción da constante mellora da calidade da universidade» (artigo 39.º ab).

 

Reitor ou reitora
«O reitor ou reitora é a máxima autoridade da Universidade de Vigo e desempeña a súa representación. Exerce a dirección, o goberno e a xestión da universidade, desenvolve as liñas de actuación aprobadas polos órganos colexiados correspondentes e executa os seus acordos» (artigo 56.º).
Preside a Comisión de Calidade da Universidade de Vigo.

 

Secretaría Xeral
Resolución do 1 de decembro de 2018 de delegación de competencias, artigo XII:
Deléganse no secretario xeral as seguintes competencias:
(...)
f) A organización e a dirección a xestión da calidade na universidade e os procesos asociados.

 

Xerencia
«O ditado de instrucións e de ordes de servizo tendentes á eficacia da xestión administrativa e á coordinación das distintas unidades de administración universitaria» (artigo 74.º e).
Ademais, preside a Comisión Técnica de Calidade da Universidade.

 

Facultades e escolas
«A participación nos procesos de avaliación da calidade e a promoción activa da mellora da calidade da súa oferta académica» (artigo 13.º m).

 

Departamentos
«A participación nos procesos de avaliación da calidade institucional e a promoción activa da mellora das súas actividades docentes e investigadoras» (artigo 17.º g).

 

Outros órganos con competencias na xestión da calidade.

Existen outros órganos con competencias neste eido, como as comisións de calidade. Podes consultar a información completa sobre estas:

 

Comisións Universitarias de Calidade

 

 

Máis información:

Área de Calidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 447
uacalidade@uvigo.gal