Mecenado

A Universidade de Vigo conta contigo

A Universidade de Vigo traballa a cotío para ser o motor de desenvolvemento da súa contorna, colaborando no avance e mellora da sociedade. A súa misión e a súa visión de futuro, reflectidas no seu Plan Estratéxico, son compartidas polas persoas que integran a comunidade universitaria e cuxa fortaleza tradúcese nun compromiso firme, con feitos e non só con intencións.

Malia a súa xuventude, a Universidade de Vigo está plenamente integrada na sociedade. O Campus do Mar, recoñecido oficialmente como Campus de Excelencia Internacional, é a mostra deste intenso traballo de colaboración desenvolvido, pois integra os axentes socioeconómicos e investigadores relacionados co ámbito mariño da Eurorrexión, á vez que conta co apoio incondicional de entidades públicas e privadas fóra das nosas fronteiras. 

O compromiso demostrado pola Universidade de Vigo coa súa realidade social e territorial traduciuse nestes últimos anos na creación da Cidade Tecnolóxica de Vigo (Citexvi), o Centro de Investigación, Transferencia e Innovación (CITI) emprazado no Parque Tecnolóxico de Galicia en Ourense, a Estación de Ciencias Mariñas de Toralla (ECIMAT), as cátedras institucionais nos tres campus, as Oficinas de Medio Ambiente (OMA) e de Voluntariado, as áreas de Igualdade e de Normalización Lingüística e os convenios para a realización de prácticas (con máis de mil empresas e tantas outras iniciativas). O Consello Social participa moi activamente vinculando a Universidade coa sociedade.

O recoñecemento, a través da incorporación da Universidade de Vigo aos rankings de Shanghai e de Leiden entre as 500 mellores universidades do mundo, acreditan que este compromiso social é realizado con rigor profesional e científico.
As persoas, institucións e empresas que nos coñecen teñen a posibilidade de unirse e participar neste proceso creativo. Os convenios e contratos, as cátedras, as doazóns (bibliotecas e outros activos de valor intelectual), o patrocinio e o mecenado de actividades sociais ou de liñas de investigación son algunhas das moitas posibilidades de seguir crecendo xuntos e construír a Galicia e o mundo do futuro. A Universidade de Vigo conta contigo.

Podes colaborar a través do mecenado ou doazóns, tendo tamén a opción da doazón bibliográfica.

 

Descargas

Normativa de doazóns bibliográficas [PDF]219.27 KB

Mecenado

Si. En virtude do disposto no art.16 c) da Lei 49/2002 de 23 de Decembro  de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, as Universidades públicas constitúen entidades beneficiarias do mecenado.
 

De acordo co art.17 da Lei 49/2002, darán dereito a practicar as deducións previstas neste réxime especial os donativos, doazóns e achegas irrevogables, puros e simples, realizados en favor das entidades beneficiarias do mecenado, para ser destinadas aos fins que lles son propios.

Estes donativos poden ser dinerarios ou en especie.

Tamén dará dereito a este incentivo fiscal a constitución dun dereito real de usufructo sobre bens, dereitos ou valores, realizada sen contraprestación.

Estarán exentas do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, do Imposto sobre Sociedades ou do Imposto sobre a Renda de non Residentes que grave a renda do doante ou aportante as ganancias patrimoniais e as rendas positivas que se poñan de manifesto con ocasión dos donativos, doazóns e achegas a que se refire o artigo 17 da Lei.

Así mesmo, estarán exentos do Imposto sobre o Incremento de Valor dos Terreos de Natureza Urbana os incrementos que se poñan de manifesto nas transmisións de terreos, ou na constitución ou transmisión de dereitos reais de goce limitativos do dominio, realizadas con ocasión dos donativos, doazóns e achegas a que se refire o artigo 17 da Lei.
 

Os contribuíntes do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas terán dereito a deducir da cota íntegra, o resultado de aplicar á base da dedución correspondente ao conxunto de donativos, doazóns e achegas , a seguinte escala:

Escala da dedución do IRPF
Base de dedución importe ata % dedución
150€ 75
Resto base dedución 30

 

Isto quere dicir que, os contribuíntes do IRPF terán dereito a deducir da súa cota íntegra o 75 % dos primeiros 150 euros doados ou dos bens ou dereitos doados ata o valor de 150 euros, calculado conforme ás regras de valoración da lei.

O resto da doazón ou das restantes doazóns que superen os 150 euros darán dereito a deducir da cota íntegra o 30 % do importe doado ou do valor dos bens ou dereitos doados.

Se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores realizáronse donativos, doazóns ou achegas con dereito a dedución en favor dunha mesma entidade por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do exercicio anterior, a porcentaxe de dedución aplicable á base da dedución que exceda de 150 euros, será o 35 por cento.

Así, o 30 % incrementarase ao 35 % se o contribuínte realizou doazóns por importe ou valor igual ou superior á mesma entidade nos dous exercicios anteriores.

A base das deducións, non poderá exceder do 10 % da base liquidable do contribuínte. Polo exceso non se poderá practicar dedución.
 

Os suxeitos pasivos do Imposto sobre Sociedades terán dereito a deducir da cota íntegra, o 35 por 100 da base da dedución. As cantidades correspondentes ao período impositivo non deducidas poderán aplicarse nas liquidacións dos períodos impositivos que conclúan nos 10 anos inmediatos e sucesivos.
Se nos dous períodos impositivos inmediatos anteriores realizáronse donativos, doazóns ou achegas con dereito a dedución en favor dunha mesma entidade por importe igual ou superior, en cada un deles, ao do período impositivo anterior, a porcentaxe de dedución aplicable á base da dedución será o 40 por cento.
Así, o 35 % incrementarase ao 40 % se a empresa ou entidade realizou doazóns por importe ou valor igual ou superior á mesma fundación nos dous exercicios anteriores.
A base desta dedución non poderá exceder do 10 por 100 da base impoñible do período impositivo. As cantidades que excedan deste límite poderanse aplicar nos períodos impositivos que conclúan no dez anos inmediatos e sucesivos.
 

De acordo co art.24 da Lei 49/2002, a efectividade dos donativos, doazóns e achegas deducibles xustificarase mediante un certificado expedido pola entidade beneficiaria, que deberá remitir á Administración tributaria a información sobre as certificacións expedidas.
O certificado deberá ter o seguinte contido: 


a) O número de identificación fiscal e os datos de identificación persoal do doante e da entidade donataria.
b) Mención expresa de que a entidade donataria é beneficiaria do mecenado.
c) Data e importe do donativo cando este sexa dinerario.
d) Documento público ou outro documento auténtico que acredite a entrega do ben doado cando non se trate de donativos en diñeiro.
e) Destino que a entidade donataria dará ao obxecto doado no cumprimento da súa finalidade específica.
f) Mención expresa do carácter irrevogable da doazón, sen prexuízo do establecido nas normas imperativas civís que regulan a revogación de doazóns.

Si. Adicionalmente ao exposto nos apartados anteriores, a disposición adicional décimo oitava da Lei Orgánica 4/2007, de 12 de abril, pola que se modifica a Lei Orgánica 6/2001, de 21 de decembro, de Universidades, establece que as porcentaxes de dedución e do límite da base de dedución para doazóns realizadas por persoas físicas, por persoas xurídicas, ou por contribuíntes do IRNR, elevaranse en 5 puntos porcentuais sempre que se realicen a favor de universidades públicas e privadas de entidades sen ánimo de lucro ás cales se refire o artigo 2 da Lei 49/2002, que comunicasen a opción para aplicar o réxime fiscal especial, sempre que estas universidades desenvolver ensinos de doutoramento ou terceiro ciclo de estudos universitarios. 
Estas universidades deberán destinar o importe do donativo ou o ben ou dereito doado a programas de investigación universitaria e doutoramento, debendo constar na certificación que han de expedir nos termos establecidos no artigo 24 da Lei 49/2002.

É outra forma de mecenado. O art.25 da Lei 49/2002 defíneo como “aquel por o cal as entidades beneficiarias do mecenado, a cambio dunha axuda económica para a realización das actividades que efectúen en cumprimento do obxecto ou finalidade específica da entidade, comprométense por escrito a difundir, por calquera medio, a participación do colaborador nas devanditas actividades”.

A axuda económica que preste o colaborador pode consistir non só nunha achega dineraria senón en especie (achega de bens e prestación de servizos gratuíta). 

A difusión da participación do colaborador non se considera unha prestación de servizos e por conseguinte constitúe unha operación non suxeita ao Imposto sobre o Valor Engadido.

As cantidades satisfeitas ou os gastos realizados en virtude do convenio de colaboración, considéranse gastos deducibles sen ningún límite para a determinación da base impoñible do Imposto sobre Sociedades da entidade colaboradora ou para determinar o rendemento neto da actividade económica dos contribuíntes acollidos ao réxime de estimación directa do IRPF. 

O réxime fiscal aplicable ás cantidades satisfeitas en cumprimento dos convenios de colaboración é incompatible co resto de incentivos fiscais sinalados anteriormente, é dicir, a cantidade achegada en virtude dun convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral non pode ser considerada como gasto deducible na base do Imposto sobre Sociedades e á vez deducir unha porcentaxe na cota do mesmo.