Vantaxes

Vantaxes

Coñece as dotacións e os servizos para o lecer cos que contan os campus de Ourense, Vigo e Pontevedra: comedores, residencias, gardarías...

Descubre as posibilidades que a Universidade de Vigo che ofrece! Desde as titulacións que podes estudar nos tres campus, ata as alternativas das que dispós para gozar do teu tempo de lecer, tanto se che gusta a cultura, como o deporte ou as actividades de voluntariado.

Coñece tamén as dotacións para o estudo e o lecer coas que contan os campus de Ourense, Vigo e Pontevedra, así como os programas de mobilidade que che permitirán realizar parte da túa formación no estranxeiro, ou as prácticas en empresas e institucións coas que poderás completar a túa formación académica. E todo nunha institución, comprometida coa igualdade de xénero e caracterizada pola súa firme aposta polas novas tecnoloxías onde o proceso de matrícula a través de internet ou a docencia virtual son unha realidade.

Para máis información, podes contactar coa Sección de Información ao Estudantado (SIE)

Campus de Vigo
+34 986 813 630
sie@uvigo.es

Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
+34 986 801 949
+34 986 801 955
asc-po@uvigo.es