Valedoría Universitaria
Son funcións da Valedoría Universitaria velar polo respecto dos dereitos e das liberdades de todos os membros da comunidade universitaria
A valedora universitaria é o órgano especificamente encargado de velar polo respecto aos dereitos e ás liberdades dos membros da comunidade universitaria ante as actuacións dos diferentes órganos e dos servizos universitarios. As súas actuacións non estarán sometidas a mandato imperativo de ningunha instancia universitaria e virán rexidas polos principios de independencia e de autonomía.
Esther Pillado González
Valedora universitaria
Catedrática de Dereito Procesal na Universidade de Vigo desde febreiro de 2010, iniciou a súa actividade académica na Universidade de Santiago de Compostela onde se licenciou en Dereito e defendeu a súa tese doutoral en 1996. Incorporouse á Universidade de Vigo como profesora contratada en 1995, onde aprobou a súa oposición como titular de Universidade en 1998 e gañou a cátedra en 2010.
Durante estes anos na Universidade de Vigo compatibilizou a súa labor docente e investigadora con diversos cargos de responsabilidade. Foi secretaria xeral da Universidade de Vigo entre os anos 2006 e 2010 e directora do Departamento de Dereito Público desde 2013 ata 2019. Coordinou o Servizo de Mediación Familiar Intraxudicial de Vigo durante os anos 2012 a 2016 e é vogal permanente da sección procesual da Comisión Xeral de Codificación.
Queixas, consultas e reclamacións ante a valedora universitaria
Calquera membro da comunidade universitaria que considere que se lesionaron os seus dereitos ou intereses lexítimos pola actuación dos órganos de goberno, autoridades académicas ou servizos administrativos da Universidade de Vigo, poderá acudir á valedora universitaria e solicitar a súa intervención unha vez que se esgotaron as instancias universitarias previstas na lexislación vixente.
A valedora universitaria poderá actuar de oficio cando teña coñecemento dun asunto no que concorran as circunstancias do apartado anterior.
Requisitos para a presentación de queixas ou de reclamacións
Antes de acudir á valedora universitaria é necesario ter esgotado as instancias universitarias previstas na lexislación vixente.
1. Forma de presentación
As queixas ou as reclamacións deberán presentarse por escrito e dirixirse á valedora universitaria utilizando os modelos de instancia dispoñibles máis abaixo.
2. Contido
As queixas ou as reclamacións poderán ser tanto individuais como colectivas pero, en todo caso, cumprirá a identificación da persoa ou persoas reclamante e a súa sinatura. Deberán incluírse os datos persoais, o sector ao que pertence e o seu domicilio para os efectos de notificación.
Nas queixas ou nas reclamacións deberán concretarse con suficiente claridade:
- Os feitos que orixinan a queixa
- O motivo e o alcance da pretensión exposta
- As xestións realizadas previamente ante a administración universitaria
- A petición dirixida á valedora universitaria
Xunto coa queixa ou coa reclamación deberá presentarse a documentación necesaria para facilitar a súa tramitación.
3. Lugar de presentación
As queixas ou as reclamacións presentaranse na sede electrónica da Universidade de Vigo ou en calquera das oficinas de asistencia en materia de rexistro da institución.
4. Prazo de presentación
As queixas ou as reclamacións presentaranse no prazo máximo dun mes desde que se esgotaron as instancias universitarias previstas na lexislación vixente.
Admisión das queixas ou reclamacións
Unha vez recibida a queixa ou a reclamación, nun prazo máximo de 15 días, a valedora universitaria xustificará o seu recibimento e emitirá unha contestación motivada respecto de se procede ou non a súa admisión a trámite. No caso da non admisión a trámite, comunicaráselles ás persoas interesadas a motivación que a fundamentou. O anterior non impedirá, non obstante, a investigación sobre os problemas xerais suscitados por estas queixas.
Rexeitaranse as queixas ou as reclamacións:
- Anónimas
- Sometidas a instancias xudiciais
- Pendentes da resolución dun expediente disciplinario ou dun recurso administrativo interposto previamente
- Que non esgotasen as instancias previstas na normativa aplicable
O rexeitamento dunha queixa ou dunha reclamación non impedirá a súa eventual posterior presentación, de resultar procedente, segundo as circunstancias do caso concreto.
Mediacións
Os membros da comunidade universitaria involucrados nunha controversia poderán acudir á valedora universitaria instando a súa mediación para os efectos de solucionar o conflito dunha forma consensuada.
Forma de presentación
A petición de mediación realizarase mediante un escrito dirixido á valedora universitaria utilizando os modelos de instancia dispoñibles máis abaixo.
Lugar de presentación
As solicitudes de mediación presentaranse na sede electrónica da Universidade de Vigo ou en calquera das oficinas de asistencia en materia de rexistro da institución.
Contido
No escrito constará con claridade o motivo e o alcance da pretensión que se formula, os datos persoais das persoas solicitantes e o sector ao que pertencen. A petición de mediación poderá presentarse por todas as partes implicadas no conflito ou unilateralmente por unha delas.
Procedemento
A petición trasladarase á outra parte para que, no prazo de 15 días, consinta participar no procedemento de mediación. A falta de contestación entenderase como un rexeitamento a esta.
O procedemento de mediación pode concluír en acordo ou finalizar sen alcanzar unha avinza, ben sexa porque todas ou algunha das partes exerzan o seu dereito a dar por terminadas as actuacións, comunicándollo á valedora, ou ben cando se aprecie de maneira xustificada que as posicións das partes son irreconciliables ou concorra outra causa que determine a súa conclusión.
Entidades asociadas e vinculadas
Socios
- Red Iberoamericana de Defensorías Universitarias (RIdDU)
- Conferencia estatal de defensores universitarios (CEDU)
- Red de organismos defensores de los derechos universitarios (REDDU)
- European Network of Ombudsmen in Higher Education (ENOHE)
- Rede de Provedores do Estudantado e Valedores Universitarios da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal
Rede de valedores universitarios de Galicia (REDUGA)
Organismos relacionados
Documentación
Ponencias do defensor/a universitario
- Análisis de los conflictos originados en las universidades españolas. Propuestas de solución (Monografía 2000)
- Normativa de permanencia y de evaluación por compensación de las universidades españolas. Punto de encuentro y divergencias (Monografía 2001)
- Análisis del rendimiento académico del alumnado. Evaluación curricular o por compensación. Otra forma de calificación académica (Monografía 2002)
- El Defensor de la institución universitaria /The Ombudsmen for spanish higher education institutions (Monografía 2004)
- Valoración de la asistencia a clases lectivas y entrega de copias de exámenes en las universidades españolas (español e inglés) (Monografía 2005)
- Estudio del grado de satisfacción del alumnado con la universidad (Monografía 2009)
- Estudo sobre a transición do alumnado da Universidade de Vigo ao traballo. Aplicación á Universidade de Vigo (galego, español) (Monografía 2010)
- Estudo sobre a experiencia académica dos estudantes internacionais na Universidade de Vigo (galego, español) (Monografía 2010)
- A experiencia académica do alumnado da Universidade de Vigo en programas de mobilidade internacional (galego, español) (Monografía 2010)
- Aproximación a la institución del Defensor Universitario: el caso español (artigo de libro 2013)
- Consideraciones sobre la gobernanza en el Informe de expertos para la reforma universitaria (2013)
- Reflexiones y propuestas relativas al asociacionismo de las defensorías universitarias: el caso de la Red Iberoamericana de defensorías universitarias (RIdDU) (Artigo de revista 2016)
- Contribución del Defensor Universitario a la transparencia y buen gobierno (artigo de revista 2015)
- La institución del Defensor Universitario en España: Balance y perspectivas de futuro (ponencia 2017)
- XXIII Encuentro estatal de defensores universitarios: “Mediación e conciliación nas Valedorías Universitarias (Cádiz, 10-12 novembro de 2021)
- Encontro da rede de provedorías e valedorías das universidades galegas-norte de Portugal: “Permanencia e progreso na Universidade de Vigo/Comportamento do estudantado: sancións e expulsións” (A Coruña, 16/12/2022)
- Jornada Encuentro defensores/as universitarios/as: Conflictos en la universidad, soluciones y propuestas. La mediación como herramienta de gestión/solución de conflictos. “Cauces de gestión/solución de conflictos en la universidad” (Valencia, 31/03/2023)
Convenios
Máis información:
Edificio Filomena Dato, 2º andar
As Lagoas, Marcosende
36310, Vigo
+34 986 813 830
secvaledora@uvigo.gal