Mobilidade
Mobilidade nacional
Mobilidade interuniversitaria do PAS funcionario
Mobilidade internacional
Erasmus+
O Persoal de Administración e Servizos da Universidade de Vigo que desexe ampliar a súa formación no estranxeiro pode optar ás axudas financeiras de mobilidade de PAS a institucións de ensino superior no marco do programa Erasmus-STT, co que se pretende fomentar a formación do persoal e a internacionalización da institución.
En cada ano natural poderá gozarse dun máximo de 15 días naturais de permiso para asistir a programas de intercambio e mobilidade internacional.
Stella
O programa Stella bríndalle a posibilidade de realizar mobilidades profesionais e intercontinentais ao persoal de servizos das universidades socias do Grupo Compostela de Universidades (GCU) e do Consorcio para a Colaboración na Educación Superior en América do Norte (CONAHEC). Trátase dunha oportunidade de aprender como se traballa nos diferentes departamentos das institucións participantes no programa e de vivir unha experiencia multicultural, a través de estadías temporais noutras institucións de educación superior.
Iacobus
O programa Iacobus ten como obxectivo principal fomentar a cooperación e o intercambio entre os recursos humanos dos centros de ensino superior da Eurorrexión Galicia - Norte de Portugal (profesorado, persoalinvestigador, persoal de administración e servizos (PAS), facilitando a posta en común de actividades formativas, de investigación e de divulgación. Esta iniciativa da Eurorrexión é pioneira en Europa e a GNP, AECT é a súa entidade xestora.
Máis información:
Oficina de Relacións Internacionais
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 813 751
outgoing.ori@uvigo.gal