Investigación

Os nosos programas de calidade na investigación dan soporte á estratexia investigadora e de transferencia de coñecemento

Os programas neste ámbito están orientados á mellora da calidade do persoal investigador, á dos centros de investigación e á dos laboratorios de ensaio e calibración para potenciar as capacidades organizativas e prestar servizos públicos punteiros na investigación científica.

 

 

LABORATORIO DE MICROBIOLOXÍA

CENTRO DE APOIO CIENTÍFICO E TECNOLÓXICO Á INVESTIGACIÓN (CACTI)

ESTACIÓN DE CIENCIAS MARIÑAS DE TORALLA (Ecimat)

 

A adopción deste estándar internacional de sistemas de xestión da calidade ISO 9001 no laboratorio de ensaios e nos centros de investigación constitúen decisións estratéxicas que revelan a intención de mellorar o noso desempeño na prestación dos servizos públicos nestes eidos e a apostar pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional.

Ademais, vainos permitir demostrar a nosa capacidade para prestar estes servizos públicos adaptados ás expectativas das persoas usuarias e ás entidades públicas e privadas de investigación, para aumentar a satisfacción destas e para respectar as esixencias regulamentarias que nos afectan.

 

Alcance

Este programa aplícase nun laboratorio de ensaios (o laboratorio de microbioloxía do campus de Ourense), nun centro de apoio á investigación (o CACTI) e nun centro singular de investigación (a Ecimat), ambos os dous no campus de Vigo. Os servizos que se prestan son os seguintes:

- Realízanse ensaios de produtos alimenticios no laboratorio de microbioloxía,

- Os servizos de apoio científico-tecnolóxico no CACTI e

- Os servizos de apoio á investigación mariña na Ecimat.

 

Fases e funcionamento

A aplicación da norma ISO 9001 permite organizar o funcionamento do noso laboratorio e dos nosos centros de apoio á investigación tendo en conta os principios internacionais e normalizados da xestión da calidade (por exemplo, a orientación aos seus grupos de interese, o compromiso da súa dirección ou a mellora continua dos seus procesos de traballo).

Estas entidades foron implantando progresivamente todas as esixencias da norma, a partir do compromiso do seu persoal, que logo son avaliadas de xeito periódico por unha entidade de certificación acreditada para comprobar a súa vixencia e eficacia.

 

Documentación

 

 

LABORATORIO DE CALIBRACIÓN ELÉCTRICA (Lace)

LABORATORIO DE MICROBIOLOXÍA

LABORATORIO ANTELIA

 

A adopción deste estándar internacional de calidade ISO/IEC 17025 nos nosos laboratorios de investigación constitúe unha decisión estratéxica que revelan a intención de mellorar o noso desempeño na prestación dos servizos públicos nestes eidos e a apostar pola investigación básica e aplicada de calidade no ámbito nacional e internacional.

Ademais, vainos permitir demostrar a nosa capacidade para demostrar a competencia técnica e a capacidade destes laboratorios para producir resultados válidos, reforzando así a confianza que se lles concede a nivel nacional e internacional ao recoñecerlles os seus certificados e os seus resultados de ensaios e calibracións.

Esta competencia permite respectar as esixencias regulamentarias que nos afectan e responder ás expectativas das persoas usuarias e das entidades públicas e privadas de investigación.

 

Alcance

Este programa aplícase no laboratorio de calibración eléctrica (Lace) da Escola de Enxeñaría Industrial, no laboratorio Antelia da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do campus de Vigo e no laboratorio de microbioloxía da Facultade de Ciencias do campus de Ourense.

Os servizos xenéricos acreditados que se prestan son os seguintes son, respectivamente:

- As calibracións nas áreas de electricidade corriente continua (CC) e baixa frecuencia,

- A realización de ensaios de compatibilidade electromagnética (EMC) e avaliación da exposción humana a campos electromagnéticos no laboratorio Antelia, e

- A realización de ensaios microbiolóxicos de produtos agroalimenticios, augas e mostras ambientais no laboratorio de microbioloxía.

 

Fases e funcionamento

A aplicación da norma ISO/IEC 17025 permite organizar e orientar o funcionamento dos nosos laboratorios a desenvolver un sistema de xestión da calidade recoñecido, a demostrar a competencia técnica para emitir resultados fiables, a dispor dos recursos humanos e materiais e da experiencia necesaria para proporcionar un servizo adaptado.

Estas entidades foron implantando progresivamente todas as esixencias da norma, a partir do compromiso do seu persoal, que logo son avaliadas de xeito periódico pola entidade nacional de acreditación para comprobar a súa vixencia e eficacia.

 

 

Documentación

 

A Estratexia de Recursos Humanos para persoal investigador HR Strategy for Researchers - HRS4R é unha iniciativa da Comisión Europea para animar ás institucións de investigación a implementar a carta europea do investigador e o código de conduta para a contratación de persoal investigador que aconsella implementar o logotipo HR Excellence in Research. + INFO

 

Calidade na investigación

 

    Os contidos desta páxina xestiónaos