Participación do alumnado
Todo o alumnado da Universidade de Vigo ten dereito a participar nos órganos de goberno da Universidade, dos centros e dos departamentos, mediante a elección de representantes
Segundo establece o Regulamento do estudante da Universidade de Vigo, serán persoas electoras e elixibles quen reúnan os requisitos establecidos no artigo 2.1 do presente regulamento, nos termos que sinale a normativa electoral.
Son representantes do alumnado quen, sendo elixidos a través dos diferentes procesos electorais, forman parte dos órganos colexiados de goberno da Universidade: o Consello Social, o Claustro, a Xunta de Goberno, a Xunta de Centro (escolas e facultades), o Consello de Departamento, o Consello de Campus e as súas comisións.
As persoas representantes canalizarán as propostas, as queixas e as reclamacións que realice o alumnado diante dos órganos da universidade, sen prexuízo de dereito de calquera estudante a formulalas directamente.
Composición dos órganos con representación estudantil
Claustro
O Claustro Universitario é o máximo órgano de representación e control da comunidade universitaria.
O Claustro da Universidade de Vigo estará composto por douscentos cincuenta e catro (254) membros:
- O reitor ou a reitora, que o presidirá, a persoa secretaria e o ou a xerente
- 128 representantes do profesorado numerario doutor (51%)
- 23 representantes do restante persoal docente e investigador (9%)
- 75 representantes do alumnado (30%)
- 25 representantes do persoal de administración e servizos (10%)
Consello Social
O Consello Social está integrado por un máximo de 31 membros:
- O reitor ou reitora, xunto a secretaria ou secretario xeral e mais o ou a xerente da UVigo.
- En representación do Consello de Goberno da Universidade: 1 profesor ou profesora, 1 estudante e 1 representante do personal de administración e servizos.
- En representación dos intereses sociais: a presidenta ou o presidente do Consello Social, 6 membros designados polo Parlamento de Galicia, 6 membros designados pola Xunta de Galicia, 1 membro designado por cada un dos sindicatos máis representativos no territorio da comunidade autónoma de Galicia, 4 membros designados polas organizacións empresariais máis representativas dos sectores estratéxicos da economía galega na área de influencia da Universidade; 1 membro designado pola Asociación de Antigos Alumnos; 1 membro designado polos colexios profesionais a través da súa entidade asociativa máis representativa e un membro designado por cada unha das tres corporacións municipais onde se localizan os campus.
Consello de Goberno
O Consello de Goberno é o órgano de goberno da Universidade e está composto por 56 membros con voz e voto:
- O reitor ou reitora, que o preside, o secretario ou secretaria xeral e o ou a xerente
- 15 membros designados pola persoa reitora, entre quen debe haber representación de todos os sectores da comunidade universitaria
- 20 membros elixidos polo Claustro dos que 8 son estudantes
- 15 membros elixidos polo Claustro entre as persoas decanas, directoras...
- 3 membros do Consello Social que non sexan membros da comunidade universitaria
Consello de Campus
O Consello de Campus é o órgano colexiado de coordinación e representación do campus. Está composto por:
- O reitor ou reitora, que o preside.
- 1 vicerreitor ou vicerreitora.
- Todos as persoas decanas ou directoras dos centros do Campus.
- 5 profesores e profesoras elixidas por e entre os membros claustrais do mesmo sector e campus, dos que polo menos unha persoa non sexa funcionaria. Garantirase que haxa polo menos 1 representante de cada ámbito científico presente no campus, no caso de que haxa persoas candidatas.
- 5 estudantes, elixidos por e entre as persoas claustrais do mesmo sector e campus, entre quen haberá polo menos 1 por cada ámbito científico presente no campus, no caso de que haxa persoas candidatas.
- Os 2 membros do persoal de administración e servizos do campus máis votados nas eleccións ao Claustro no campus correspondente.
A Xunta de Centro
A Xunta de Centro é o órgano colexiado de representación e de decisión do centro. Está composta por:
- Equipo decanal ou directivo
- Todo o profesorado con vinculación permanente á Universidade, que constituirá o 51% da Xunta
- Unha representación do PDI sen vinculación permanente que será o 9% da Xunta
- Unha representación do alumnado, que será o 30%
- Unha representación do PAS que será o 10%
- Os membros electos serán renovados cada 2 anos. Pódese consultar os membros na web de cada centro
Xunta de Titulación
Son os órganos encargados de elaborar, aprobar e modificar as propostas de plan de estudos. A súa composición é análoga en proporcións as Xuntas de Centro.
Consello de Departamento
É o órgano colexiado de representación e decisión do departamentos. Está composto por:
- Todos os doutores e doutoras membros do departamento
- O resto do PDI a tempo completo
- Un 20% do PDI a tempo parcial non doutor, sempre que non supere o 10% do total dos membros
- Unha representación do alumnado, que será o 25% do total dos membros, e a metade serán de terceiro ciclo
- Unha representación do PAS que será o 9% do total dos membros.
- Os membros electos serán renovados cada 2 anos. Pódese consultar os membros na web de cada departamento
Tribunal de Garantías
O Tribunal de Garantías é o comisionado do Claustro da Universidade de Vigo para a defensa dos dereitos dos membros da comunidade universitaria. Está composto por 9 membros dos que 2 son estudantes.
Comisión de calidade do centro
É o órgano de supervisión e de promoción dos programas de calidade do centro. A súa composición establécese no Manual de calidade do centro, aínda que estará integrada, polo menos, polos seguintes membros:
- O director ou directora, decano ou decana do centro, que a preside
- O coordinador ou a coordinadora de calidade
- A persoa coordinadora ou en quen delegue de cada unha das titulacións de grao do centro
- O coordinador ou coordinadora ou persoa en quen delegue de cada unha das titulacións de mestrado do centro. Todos os doutores e doutoras membros do departamento
- O enlace de igualdade
- Unha persoa representante do profesorado
- Un ou unha representante do alumnado
- Un ou unha representante do alumnado egresado
- A administradora ou administrador do centro ou persoa en quen delegue
- Un ou unha representante da sociedade
Consello de Estudantes Universitario do Estado
No artigo 47, o Estatuto establece a natureza e adscrición do Consello de Estudantes Universitario do Estado.
- O Consello de Estudantes Universitario do Estado é o órgano de deliberación, consulta e participación das e dos estudantes universitarios perante o Ministerio de Educación. O Consello de Estudantes Universitario do Estado adscribese ao Ministerio de Educación a través da Secretaría Xeral de Universidades.
No artigo 48 establecese a súa composición, que terá, entre outros, e tocante ás e aos estudantes, os seguintes representantes:
- Un ou unha estudante representante de cada unha das universidades españolas, públicas e privadas. Nas universidades nas que exista Consello de Estudantes, ou órgano equivalente de representación estudiantil, a representación recaerá no presidente ou presidenta, ou figura equivalente. Nas universidades nas que non exista Consello de Estudiantes, a ou o representante será nomeada polo Consello de Goberno a proposta dos e das estudantes electos.
- Unha persoa representante e un alumnado universitario, de cada una das confederacións e federacións de asociacións de estudantes con presencia no Consello Escolar do Estado.
- Un ou unha representante, estudante universitario, de cada un dos Consellos Autonómicos de Estudantes que estean constituídos ou que se constitúan no futuro.
- Tres representantes, estudantes universitarios, pertencentes a confederacións, federacións e asociacións de estudantes que persigan intereses xerais e non estean representadas pola vía do punto anterior, a razón dun ou dunha representante por entidade.
O Reglamento do Consello de Estudantes Universitario do Estado concretará o sistema de designación destes representantes.
- Dos representantes estudiantís, elixido polo Pleno, unha persoa será vicepresidenta segundo o Consello de Estudantes Universitario do Estado.
- Atenderase ao principio de presencia equilibrada de mulleres e homes na composición do Consello nos termos previstos no artigo 54 da Ley orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para la igualdad efectiva de mujeres y hombres.
Entre as funcións deste Consello de Estudantes Universitario do Estado, están:
- Informa os criterios das propostas políticas do Goberno en materia de estudantes universitarios e naquelas materias para as que sexa requirido informe do Consello.
- É o interlocutor peranter o Ministerio de Educación nos asuntos que atinxan aos e as estudantes.
- Contribúe activamente na defensa dos dereitos dos e das estudantes, cooperando coas súas asociacións e órganos de representación.
- Vela pola axeitada actuación dos órganos de goberno das universidades no que se refire aos dereitos e aos deberes do alumnado establecidos nos Estatutos de cada unha delas.
- Recibe e é cauce, no seu caso, das queixas que lle presenten os e as estudantes universitarios.
- Colabora cos e coas Defensores e Defensoras Universitarias na garantía dos dereitos do alumnado das universidades españolas.
- Establece relacións con outras institucións e entidades para a promoción e desenvolvemento dos seus fins institucionáis.
- Eleva propostas ao Goberno en materias relacionadas coa súa competencia.
- Coñece os informes relativos ao mapa de titulacións.
- Esta representado e participa na fixación de criterios para a concesión de bolsas e outras axudas destinadas a estudantes no ámbito da competencia do Estado.
- Fomenta o asociacionismo estudiantil e a participación de estudantes na vida universitaria.
- Vela e fomenta a igualdade entre mulleres e homes no ámbito universitario.
- Vela polo cumprimento do Estatuto.
Representante do estudantado da Universidade de Vigo no CEUNE:
Paula Rivera González | prg@uvigo.es | Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo
Contacto do Consello de Estudantes Universitario do Estado:
ceune.org@ceune.es | Twitter: @ceune2 | Instagram: @ceune.permanente