Mensaxe de estado

O próximo mércores día 26 de xaneiro o portal estará fóra de servizo entre as 08:30 e as 09:30 debido a unha intervención programada

O goberno nos centros

Os decanos e decanas de facultade e directores e directoras de escola ostentan a representación dos seus centros e exercen as funcións de dirección e xestión ordinaria

Son elixidos pola Xunta de Centro, nos termos establecidos polos estatutos, entre o profesorado con vinculación permanente á Universidade, adscrito ao centro. 

O decano ou a decana ou o director ou a directora do centro, asistido polo seu equipo de goberno, é responsable da súa dirección e xestión.

Funcións das persoas decanas de facultade ou directoras de centro:

  • O exercicio da representación do centro. 
  • A convocatoria e a presidencia da Xunta de Centro e da xunta ou xuntas de titulación, se é o caso.
  • A execución dos acordos da Xunta de Centro. 
  • A supervisión do funcionamento dos servizos do centro. 
  • A dirección da xestión ordinaria do centro. 
  • A proposición, despois de oír a Xunta de Centro, de apertura de informe previo por parte do reitor, a calquera membro do centro. 
  • Ter conta do cumprimento dos horarios docentes e de titorías. 
  • Todas as que lles atribúan a lexislación vixente e estes estatutos. 

 

A persoa que desempeña a dirección ou o decanato designa, de entre todos os membros do centro, ás persoas vicedecanas ou subdirectoras.

Estes membros do equipo de dirección actúan coas competencias e funcións que lles delega o decano ou decana ou director ou directora, así como con todas as que lles atribúe o regulamento de réxime interno do centro.