Programa Universitario de Maiores
Matricularse por primeira vez
Para iniciar os estudos por primeira vez no Programa de Maiores, en calquera dos dous ciclos, deberás premer no botón azul "Facer a matrícula", onde poderás realizar os trámites correspondentes seguindo estas indicacións:
Matrícula no ciclo intensivo
O estudantado deberá matricularse dun mínimo de 9 créditos ECTS por curso académico e dun máximo de 18 créditos.
Matrícula no ciclo integrado
O estudantado do ciclo integrado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico.
Cal é a documentación que precisas nesta primeira matrícula?
No caso de elixir domiciliación bancaria para facer o pago, precisas presentar o formulario de datos bancarios SEPA cuberto e asinado que atoparás ao final desta páxina. De non presentar ese formulario nos prazos establecidos na convocatoria, a matrícula pasaría ao estado de “arquivada por falta de documentación”.
Facer a matrícula
Continuación de estudos
Para a continuación dos estudos no ciclo no que xa estiveches matriculado/a, deberás realizar a matrícula nos lugares que se indican máis abaixo para a súa tramitación.
Matrícula no ciclo intensivo
O estudantado ao que lle falten créditos para completar o ciclo intensivo deberá matricularse dun mínimo de 9 créditos ECTS por curso académico e dun máximo de 18, agás no caso de que lle queden por superar menos de 9 créditos para rematar o ciclo. Neste caso deberá matricularse de todos os créditos restantes nunha única vez. Tamén se poderá matricular o alumnado que rematase o ciclo e queira seguir no mesmo ciclo en materias soltas non superadas.
Matrícula no ciclo integrado
O estudantado do ciclo integrado poderase matricular nun máximo de 18 créditos ECTS cada curso académico.
Tamén se poderá matricular o alumnado que rematase o ciclo e queira seguir no mesmo ciclo en materias soltas non superadas.
Cal é a documentación que precisas para facer a matrícula de continuación de estudos no mesmo ciclo?
Precisas os impresos de solicitude de matrícula, datos persoais e de pagamento debidamente cubertos e asinados. Tamén tes que entregar o formulario de datos bancarios SEPA asinado, no caso de elixir o pago a través de domiciliación bancaria. De non presentar ese formulario nos prazos establecidos na convocatoria, a matrícula pasaría ao estado de “arquivada por falta de documentación”. Atoparás o impreso de datos persoais e de pago máis abaixo.
Onde facer a matrícula?
Campus de Ourense
Área de Servizos á Comunidade
Edificio Administrativo
+34 988 387 102
Horario: de 9.00 h a 14.00 h
Campus de Pontevedra
Persoal colaborador no Programa de Maiores
Área de Grao na Facultade de Enxeñaría Forestal
Campus universitario
+34 986 801 702
Horario: de 9.00 h a 14.00 h
Campus de Vigo
Sección de Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 626
Horario: de 9.00 h a 14.00 h
Persoal colaborador no Programa de Maiores
Anexo Peritos.
Horario: martes e xoves de 16.00 h a 20.00 h.
O mes de agosto o centro permanecerá pechado.
Documentación
Os impresos de matrícula son só provisionais e están suxeitos a posibles modificacións. Os impresos definitivos poderanse descargar na seguinte ligazón.
- Impreso de matrícula no ciclo integrado
Campus de Ourense
Campus de Pontevedra
Campus de Vigo
- Impreso de matrícula no ciclo intensivo
Campus de Ourense
Campus de Pontevedra
Campus de Vigo
- Impreso de pagamento e de datos persoais
Máis información:
Campus de Ourense
+34 988 387 102
asc-ou@uvigo.es
Campus de Pontevedra
+34 986 801 909
maiores.pontevedra@uvigo.es
Campus de Vigo
+34 986 813 626
extension@uvigo.es