Cómo publicar unha oferta

A Área de Emprego e Emprendemento ofrece axuda a empresas e institucións para se achegaren ás titulacións da Universidade de Vigo e que poidan coñecer e contratar os e as profesionais que máis se axusten ás súas necesidades.

A Área de Emprego e Emprendemento:

  • Divulga gratuitamente as súas ofertas de emprego e bolsas de formación práctica a través das canles da Uvigo.
  • Facilita o proceso de selección a entidade empregadora se opta por recibir os currículos e a restante documentación das candidaturas unha vez comprobada a veracidade dos requisitos esixidos.
  • Proporciona un espazo na Universidade de Vigo para realizar o proceso de selección.

Para publicar unha oferta de emprego ou de bolsa de formación práctica debe cubrir o documento de solicitude de difusión de convocatoria así como o protocolo de actuación e achegalo ao enderezo electrónico: insercionlaboral@uvigo.es

Para máis información chame o teléfono 986 812136.

Solicitude difusión convocatoria

Solicitude difusión convocatoria201.23 KB

Protocolo de actuación

Protocolo de actuación183.59 KB

Renovación de convocatoria

Renovación de convocatoria184.52 KB

Peche de convocatoria

Peche de convocatoria188.85 KB