pasarela universidade de vigo

Patrimonio documental

O patrimonio documental da Universidade de Vigo está constituído polo conxunto de documentos de calquera época xerados, recibidos ou reunidos no exercicio das súas funcións por:

  • Os órganos de goberno colexiados e unipersoais da Universidade
  • Os departamentos, centros e institutos universitarios en que está constituída a Universidade, así como outros centros que legalmente sexan creados, vinculados ou adscritos a esta
  • Os órganos, unidades e servizos administrativos da Universidade
  • As persoas físicas ao servizo da Universidade no exercicio dunha función administrativa, docente ou investigadora. Cando finalice o exercicio das súas funcións específicas ou das tarefas de representación, a documentación xerada será transferida ao Arquivo Xeral.
  • As persoas físicas ou xurídicas, alleas á Universidade, que fagan unha cesión ou doazón expresa de documentos, unha vez que esta fose aceptada polos órganos correspondentes.

Descrición do Arquivo Universitario e os seus fondos documentais

Arquivo Universitario de Vigo (ISDIAH)144.09 KB