Unha persoa sosten un móbil. Na pantalla vese que é a web da universidade de Vigo

Servizos informáticos

Na Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións encargámonos de xestionar e administrar todas as aplicacións corporativas da Universidade de Vigo, así como de configurar e administrar todas as infraestruturas e servizos informáticos relacionados coa rede de comunicacións, telefonía, atención ás persoas usuarias, webs e sistemas, cubrindo as necesidades de apoio informático ás tarefas de estudo, docencia, investigación e xestión.

É unha área transversal a toda a institución e os nosos servizos son utilizados a diario por toda a comunidade universitaria. Detrás destes servizos hai un equipo humano que está implicado e motivado na procura dunha mellora constante.


Guías de uso

A ATIC ofrece unha plantaforma completamente orientada a guiar e explicar como acceder e utilizar as infraestructuras e os recursos informáticos que pon a disposición de toda a comunidade universitaria.

Accede ás guías

Soporte lóxico á túa disposición

Temos un servizo de xestión de licenzas de soporte lóxico e distintos contratos de licenza que poñemos á disposición da comunidade universitaria. Por favor, consulta e cumpre as condicións particulares de cada un deles.

Soporte lóxico


Soporte ás persoas usuarias

 

O SAUM (Servizo de Atención a Usuarios/as e Microcroinformática) é o punto de entrada das comunicacións dos usarios cos Servizos Informáticos.

As tarefas de soporte e atención a usuarios fanse por distintas canles: presencial, telefónica, correo electrónico, páxina web, servicios de descarga de arquivos, telemática.

A atención telefónica pode ser iniciada directamente polo usuario, a través dos teléfonos da seguinte táboa, na que tamén se atopan os enderezos electrónicos de contacto.

O horario de atención ao público pode verse reducido en períodos especiais como o de vacacións, pero en calquera outro caso é de 08.00 da mañá a 21.00 da noite, de luns a venres. Este horario de atención pode verse reducido en algúns campus, consulte detidamente a táboa:

  • Vigo, ámbito tecnolóxico
    Escola de Telecomunicacións
    De 09:00 a 15:00 h no 812248
    siteleco@uvigo.es

    Escola de Enxeñaría Industrial
    De 09:00 a 15:00 h no 811939
    siatec@uvigo.es
  • Vigo, ámbito científico
    De 08:30 a 14:30 h no 818663
    saum-ci@uvigo.es
  • Vigo, ámbito xurídico-social
    De 08:30 a 14:30 h no 818719
    saum-xsh@uvigo.es
  • Ourense
    Edificio Politécnico
    De 08:30 a 20:30 h no 387045
    saum-ou@uvigo.es
  • Pontevedra
    Facultade de Ciencias Sociais
    De 08:30 a 14:30 h no 802030
    saum-po@uvigo.es

 


Como sabes, a Universidade de Vigo publicou este novo portal institucional. Agora estamos na fase de actualización e creación dos contidos. Neste proceso algúns apartados están en construción. Se nesta sección non atopas a información que procuras, recomendámosche que te dirixas á seguinte páxina da anterior versión da web: