Unha persoa sostén un móbil na man. Na pantalla vemos información sobre a matrícula nos graos

Xestións para estudantes

Aquí poderas acceder a toda a información sobre os trámites, mesmo os que tes que facer antes de chegar, e todos os procedementos en liña relacionados contigo como estudante, dende as probas de acceso á universidade, preinscrición, matrícula, programas de mobilidade e outras xestións que poden ser necesarias unha vez es estudante da UVigo.

 

Estudantes nun corredor, con bolsos e mochilas

 

NERTA, a plataforma da Xunta para as preinscricións

Para todo o relacionado coas probas de acceso e coa preinscrición temos unha aplicación da Xunta de Galicia, chamada NERTA.

Acceder a NERTA

 

Tes dúbidas? Mira este vídeo sobre como facer a preinscrición en NERTA

 

Trámites na Secretaría

A Secretaría, agrupa os servizos en liña da xestión académica: matrícula, bolsas, certificados e títulos, recoñecementos de créditos, programas de mobilidade e outros. Se aínda non sabes que é e como usar a Secretaría, podes consultar nesta ligazón.