Para PDI
O Persoal Docente e Investigador (PDI) é a parte da comunidade universitaria que ten encomendadas as funcións docentes e investigadoras.
Está composto por persoal funcionario dos corpos docentes universitarios e por persoal contratado, de carácter permanente ou temporal, con funcións docentes e investigadoras de acordo co previsto na Lei Orgánica de Universidades, na Lei da Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, na Lei de Universidades do Sistema Universitario de Galicia, nos Estatutos e Regulamentos da Universidade de Vigo.
Coñece nesta sección como podes traballar como persoal docente investigador (PDI) na Universidade de Vigo, mellorar a túa formación docente e investigadora, cales son os teus órganos de representación, facer intercambios de mobilidade e as xestións administrativas e laborais do teu interese.
Consulta na sección de "Uvigo en cifras" do Portal de Transparencia os indicadores de persoal desagregados por sexo, idade, procedencia xeográfica, categoría etc., e os indicadores de formación.
Tamén podes consultar os indicadores relativos á actividade docente desenvolvida polo profesorado que imparte docencia nas titulacións oficiais da Universidade de Vigo.