Cabalos do monte no campus

Coñécenos

A Universidade de Vigo é unha institución nova e dinámica que che ofrece unha grande oferta formativa nos tres campus especializados e innovadores que a conforman 


Estamos presentes nos concellos de Ourense, Pontevedra e Vigo con tres campus especializados onde atoparás máis de 30 centros para a formación e para a investigación, así como instalacións para o deporte e o lecer, cunha programación cultural continuada. Contamos tamén co Campus de Excelencia Internacional, Campus do Mar, que está liderado pola Universidade de Vigo e que agrupa a máis de 3000 persoas investigadoras, formando unha rede transfronteiriza de investigación e coñecemento co mar como eixe dinamizador.

Nos nosos campus poderás estudar 121 graos e mestrados oficiais, 7 programas de simultaneidade de graos, 39 programas de doutoramento e catro titulacións con convenio de recoñecemento mutuo de créditos con universidades estranxeiras. Ofrecemos ademais centos de programas, eventos, obradoiros e cursos de linguas e, por suposto, o noso programa para maiores.

A Universidade de Vigo foise construíndo sobre fondos valores positivos, asentados na transparencia e na boa xestión, na integración, na igualdade, na diversidade e no respecto ao medio. Apostamos pola especialización e pola investigación de calidade e, como institución comprometida coa contorna social e económica, é central para nós a transferencia do coñecemento á sociedade, polo que procuramos que a investigación reverta continuamente no desenvolvemento social.

Descubre a Universidade de Vigo!