Prezos públicos

Consulta a información económica relacionada coa matrícula, o custo dos estudos,  as modalidades de abonamento, os descontos ou as exencións, e as axudas do programa propio da UVigo para persoas con dificultades económicas.

Lembra que tes a obriga de pagar a matrícula nos prazos correspondentes. Se non o fas terás que pagar un 10% máis de penalización. Ademais mentres teñas pagos pendentes non poderás pedir un certificado, nin o título, nin matricularte de novo...

Os prezos e as condicións económicas da matrícula do curso académico 2018/2019 son aprobados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ou polo Consello Social.

Consulta a normativa de xestión de prezos públicos do curso 2018/2019

Calcula o prezo da túa matrícula segundo o número de créditos nos que te matricules e segundo a titulación.

 

Simulador de prezos

Consulta aquí os prezos por crédito de cada titulación:

PREZOS POR CRÉDITO DE GRAO

 

Ademais do prezo anterior hai que pagar:

  • apertura de expediente: 22,31 € (só o alumnado de novo ingreso)
  • documentación e soporte para a matrícula por internet: 1,75 €
  • expedición e mantemento da tarxeta de identidade: 4,79 €
  • seguro escolar (menores de 28 anos): 1,12 €

Consulta aquí os prezos por crédito de cada titulación: 

PREZOS POR CRÉDITO MÁSTER HABILITANTE

 PREZOS POR CRÉDITO RESTO MÁSTER

 

Ademais do prezo anterior hai que pagar:

  • apertura de expediente: 22,31 € (só o alumnado de novo ingreso)
  • documentación e soporte para a matrícula por internet: 1,75 €
  • expedición e mantemento da tarxeta de identidade: 4,79 €
  • seguro escolar (menores de 28 anos): 1,12 €

Titoría anual de doutoramento: 200 €

Ademais do prezo anterior hai que pagar:

  • apertura de expediente: 22,31 € (só o alumnado de novo ingreso)
  • documentación e soporte para a matrícula por internet: 1,75 €
  • expedición e mantemento da tarxeta de identidade: 4,79 €
  • seguro escolar (menores de 28 anos): 1,12 €

O alumnado de centros adscritos, ademais do resto de prezos, abóalle á Universidade o 25% dos prezos por servizos académicos que correspondan segundo a titulación, e ao Centro adscrito a contía que o centro estableza:

O alumnado estranxeiro, de Grao e Máster, maior de 18 anos que non teña a condición de residente (excluídas as persoas con nacionalidade de calquera dos Estados membros da UE ou dos países aos que se lles aplica o réxime comunitario) aboarán os prezos por servizos académicos que correspondan segundo a titulación incrementados nun 25%. 

Para acreditar a residencia debes presentar na secretaría do teu centro antes do 31 de outubro a Tarxeta de Identidade de Estranxeiros; en caso contrario se che expedirá unha nova folla de liquidación co importe imcrementado nun 25%.

A estes efectos, a autorización para estudos concedida ao alumnado estranxeiro non equivale á condición de residente.

O alumnado con nacionalidade de países da Unión Europea, e de países aos que se lles aplica o réxime comunitario non precisa acreditar a condición de residente.

  • Curso completo (18 créditos): 125 €
  • Materias soltas: 8 €/crédito
  • Apertura de expediente ao comezar os estudos: 22,31 €
  • Documentación e soporte para a matrícula por internet: 1,75 €
  • Expedición e mantemento da tarxeta de identidade: 4,79 €

O prezo por recoñecemento de créditos é:

  • Gratuíto para os créditos dunha mesma titulación ou equivalente sempre que se obteñan as mesmas competencias, habilidades e coñecementos, se procede de centros públicos.
  • No resto dos casos, o 25% dos prezos por servizos académicos da titulación na que se recoñezan, descontadas as exencións e bonificacións ás que teñas dereito (consulta na pestana de Descontos)

O prezo por anulación de matrícula é 30€ de gastos de xestión que terás que aboar no caso de que se che conceda, mediante a folla de liquidación á que podes acceder desde a secretaría virtual no apartado Ver conta.

A este importe non se lle aplican exencións nin bonificacións.

Probas de acceso á universidade

63,67 €

Proxectos fin de carreira

117,09 €

Exame para a obtención do título de doutor/a

117,09 €

Equivalencia ao nivel académico de doutor/a

114,34 €

 

Realización de requisitos formativos complementarios para a homologación de títulos estranxeiros de educación superior

Proba de aptitude/proba de conxunto

116,53 €

Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A)

13,25 € / crédito

Período de prácticas correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B)

9,37 € / crédito

Proxecto ou traballo

116,53 €

Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe A)

13,25 € / crédito

Cursos tutelados correspondentes a un dos títulos especificados na epígrafe B)

9,37 € / crédito

 

Títulos

Doutor/a

183,10 €

Licenciado/a, arquitecto/a ou enxeñeiro/a, grao, máster oficial

123,10 €

Diplomado/a, arquitecto/a técnico/a ou enxeñeiro/a técnico/a

60,10 €

Diploma de estudos avanzados

59,16 €

Duplicados de títulos universitarios oficiais e do SET

28,09 €

 

Secretaría

Apertura de expediente académico ao comezar os estudos

22,31 €

Certificacións académicas e traslados de expediente académico

22,31 €

Expedición e mantemento de tarxetas de identidade

4,79 €

Solicitude de equivalencia de estudos estranxeiros

27,09 €

O alumnado visitante estranxeiro que desexe ampliar a súa formación na Universidade de Vigo a través dunha estadía temporal debe aboar:

  • os prezos por servizos académicos correspondentes aos créditos dos que se matricule,
  • os prezos por servizos administrativos 
  • os prezos por xestión administrativ: 400 € nas estadías cuadrimestrais e 800 € nas estadías anuais

MÁIS INFORMACIÓN

 

Para domiciliar o pago tes que presentar o SEPA (o documento está na túa secretaría virtual en Ver conta) nos servizos administrativos do teu centro coa sinatura orixinal (manuscrita ou dixital) da persoa titular da conta.

Efectivo:

  • ao realizar o trámite de Automatrícula a aplicación informática emite unha folla de liquidación coa que podes aboar a matrícula no prazo de 30 días naturais en calquera oficina de Abanca, Banco Santander ou CaixaBank.
  • terás que aboar o importe íntegro

Tarxeta: 

  • seleccionando esta opción no momento da Automatrícula podes realizar o pagamento no momento ou no prazo de 30 días entrando na Secretaría virtual no apartado Ver conta.

Domiciliación bancaria:

No momento de realizar o trámite de Automatrícula tes que indicar o número da conta bancaria. Se non eres titular da conta tes que indicar o NIF, nome e apelidos da persoa titular. Ao finalizar o trámite o programa informático xera de forma automática un impreso denominado SEPA que tes que imprimir, asinar ti e/ou o titular, e entregar na Secretaría de alumnado do Centro no que estudas. 

É responsabilidade do alumnado entregar o SEPA antes do 21 de setembro, manter actualizados os datos bancarios, verificar que a conta onde domicilia o pago se atope operativa, que está autorizado o cargo da domiciliación, e que a entidade bancaria teña feito efectivo o pago da matrícula, dadas as consecuencias que ocasiona a falta de pago.

Podes elixir entre aboar:

  • o importe íntegro: aquí tes as datas de cargo en función do día da matrícula

Prazo de matrícula

Data de cargo

17 de xullo a 21 de setembro 

6 de outubro

22 de setembro a 21 de outubro

6 de novembro

22 de outubro a 21 de novembro

6 de decembro

22 de novembro a 21 de decembro          

6 de xaneiro

22 de decembro a 21 de xaneiro

6 de febreiro

22 de xaneiro a 21 de febreiro 

6 de marzo

 

  • importe fraccionado ata en 6 prazos: aquí tes as datas de cargo en función do día de matrícula

Prazo de matrícula

Data de cargo

 

6 outubro

6 novembro  

6 decembro 

6 xaneiro  

6 febreiro 

6 marzo  

17 de xullo a 21 de setembro

25%

15%

15%

15%

15%

15%

22 de setembro a 21 de outubro

---

40%

15%

15%

15%

15%

22 de outubro a 21 de novembro 

---

---

55%

15%

15%

15%

22 de novembro a 21 de decembro

---

---

---

70%

15%

15%

22 de decembro a 21 de xaneiro

---

---

---

---

85%

15%

Os prezos por servizos administrativos abóanse co primeiro pago. As % refírense aos prezos por servizos académicos.

Modificación da forma de pago:

Pódese modificar a través do formulario electrónico:

  • No cambio de efectivo/tarxeta a pago domiciliado (único ou fraccionado) durante o prazo de pagamento que figura na Folla de liquidación.     ​​​​
  • No caso de domiciliación, o cambio de único a fraccionado ou fraccionado a único, ata 15 días naturais antes da data de cargo.

En todo caso a partir do 21 de xaneiro non se poden realizar modificacións.

 

A UVIGO permite o fraccionamento da matrícula en 6 prazos sen cargo para facilitarche o pago. Consulta as condicións en Formas de pago.

 Ademais temos un programa de bolsas propias destinado as persoas con dificultades económicas para pagar a matrícula.  Se tes intención de solicitar as bolsas debes marcar cando te matricules no apartado de Exencións "solicitante de bolsa propia", e deste xeito se apraza o pago dos prezos por servizos académicos.Ten en conta que se finalmente non obtés a bolsa terás que pagar a matrícula, e en determinadas datas xa non poderás fraccionar o pago.

Consulta as condicións das convocatorias de axuda de matrícula do curso 2017/2018 no Portal de bolsas:

Ademais se tes concedida a bolsa de carácter xeral do MECD non tes que pagar os créditos nos que te matricules por primeira vez:

Cando os prezos non son aboados no prazo indicado aplícase unha penalización do 10% da débeda. Ademais procédese ao arquivo cautelar do expediente coas seguintes consecuencias:

  • limitación de acceso á secretaría virtual,
  • non expedición de certificacións nin títulos,
  • non tramitación de solicitudes de matrícula fora de prazo,
  • imposibilidade de anulación, modificación de matrícula e traslados de expediente,
  • imposibilidade de matrícula en cursos posteriores ou calquera outro trámite relacionado co seu expediente.

O arquivo cautelar non afecta ao réxime de permanencia nin impide a asistencia a clases teóricas e prácticas, así como aos exámes.

Para activar de novo o expediente debes acodir á Secretaría do teu centro para que che expidan unha nova Folla de liquidación.

Se antes do 31 de maio non pagas a débeda, suspéndese definitivamente a matrícula mediante resolución reitoral coas limitacións sinaladas. A suspensión definitiva non liquida a débeda, nin supón a anulación da matrícula, nin da dereito á devolución das cantidades aboadas. A suspensión queda sen efecto unha vez aboada a débeda.

 

 

No momento de realizar o trámite de matrícula debes marcar no apartado  "Exencións e descontos" aquelas ás que teñas dereito (podes marcar máis de unha).

TÁBOA DE EXENCIÓNS

 

A condición que da dereito a exención deberá estar vixente no prazo de matrícula. No caso de estar vixente o título presentado en cursos anteriores non se esixe un novo documento.

Se no momento da matrícula non marcas a exención podes solicitalo ata o 30 de decembro presentando a documentación acreditativa na secretaría do teu centro.

Segundo sexas familia numerosa de categoría xeral ou especial tes dereito ao desconto da metade ou do total do importe de prezos públicos.

Se das o teu consentimento expreso a Universidade verificará os datos do título de familia numerosa sen necesidade de que presentes documentación. En caso contrario, ou no caso de que non sexa posible a verificación, terás que presentar copia do título de familia numerosa antes do 31 de outubro na secretaría do teu centro. 

Se tes recoñecido un nivel de discapacidade igual ou superior ao 33% tes dereito a un desconto do total do importe de prezos públicos.

Comprobación: se das o teu consentimento expreso a Universidade verificará os datos da discapacidade sen necesidade de que presentes documentación. En caso contrario, ou no caso de que non sexa posible a verificación, terás que presentar copia da acreditación da discapacidade antes do 31 de outubro na secretaría do teu centro. 

Se tes recoñecida a condición de vítima de terrorismo terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos (pagas os prezos de títulos e secretaría).

Inmediatamente despois da matrícula e, en todo caso, antes do 31 de outubro tes que presentar a documentación que acredita o dereito a exención.

Documentación a presentar:

  • informe do Ministerio de Interior
  • recoñecemento por parte da AXE da pensión extraordinaria por acto terrorista
  • sentenza xudicial 

Se tes recoñecida a condición de vítima de violencia de xénero terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos (pagas os prezos de títulos e secretaría).

Inmediatamente despois da matrícula e, en todo caso, antes do 31 de outubro tes que presentar a documentación que acredita o dereito a exención.

Documentación a presentar:

  • Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuña ou copia autenticada pola secretaria ou secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.
  • Sentenza de calqurera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas na lei.
  • Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
  • Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.
  • Informe do ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.
  • Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.

Se obtiveches matrícula de honra global en 2º de bacharelato, no último curso de Ciclo Superior, Premio extraordinario de bacharelato ou Ciclo Superior, ou Medalla nas Olimpiadas científicas nacionais e internacionais, terás dereito á exención dos prezos públicos por servizos académicos por unha soa vez, no primeiro curso.

Inmediatamente despois da matrícula e, en todo caso, antes do 31 de outubro tes que presentar a documentación que acredita o dereito a exención.

Documentación a presentar: copia da certificación académica ou acreditativa do premio ou medalla

Se obtiveches matrícula de honra nalgunha materia de Grao non pagas os prezos públicos para a primeira matrícula no mesmo número de créditos nos que obtiveches a matrícula de honra, sempre que pertenzan a mesma rama de coñecemento.

A matrícula de honra obtida no último curso de grao ten efectos no primeiro curso de máster.

Documentación a presentar: se a matrícula de honra foi obtida nunha universidade distinta á de Vigo, inmediatamente despois da matrícula e, en todo caso, antes do 31 de outubro tes que presentar  a copia da certificación académica

Se no momento de realizar a matrícula xa solicitaches ou tes intención de solicitar unha bolsa que inclúa a matrícula, o pago da parte da matrícula que cubre a bolsa quedará paralizado ata que se resolva a túa solicitude. Se a solicitude fose denegada a Universidade xerará automáticamente unha nova Folla de liquidación co importe da matrícula.

  • Bolsa xeral MECD / Goberno Vasco
    A concesión da bolsa supón a gratuidade dos prezos por servizos académicos das materias das que te matriculas por primeira vez.
  • Bolsas propias da Universidade de Vigo
    A Universidade de Vigo convoca cada ano varias bolsas que dan dereito a gratuidade dos prezos de matrícula. Consulta Facilidades de pago.
  • Bolsas doutros organismos
    • Xunta de Galicia: mocidade exterior
    • PRONABEC

 

O persoal das Universidades públicas galegas e as súas fillas/os e cónxuxes poden solicitar axudas do Fondo de acción social para a gratuidade dos prezos por servizos académicos. Consulta as condicións na convocatoria.

Para solicitar a axuda no momento da matrícula debes seleccionar esta opción. Unha vez confirmada a matrícula con exención enviamos un correo electrónico á persona titular do dereito co fin de que sexa confirmada a solicitude.  

Documentación a presentar: copia do libro de familia que debes enviar a prezospublicos@uvigo.es

MÁIS INFORMACIÓN

 

Tes dereito á devolución do importe total aboado no caso de:

  • anulación de matrícula presentada dentro do prazo.
  • anulación de matrícula presentada fora de prazo por matrícula noutra titulación ou ciclo na que estabas pendente de admisión.

 

Tes dereito á devolución de parte do importe aboado no caso de:

  • anulación de matrícula presentada fora de prazo pero dentro do 1º cuadrimestre: só se che devolve o importe do 2º cuadrimestre.
  • modificación parcial da matrícula da que resulte un importe inferior ao aboado.
  • recoñecemento de créditos do que resulte un importe inferior ao aboado.
  • ter dereito a exención ou bonificación e ter aboada a matrícula.
  • ter unha bolsa concedida con matrícula gratuíta e ter aboada a matrícula.
  • obter Premio extraordinario de Fin de carreira, Grao ou Doutoramento dos outorgados polo Consello de Goberno da UVIGO.
  • detectarse erro na liquidación de prezos.

O procedemento de devolución iniciáse automáticamente en canto fas as modificacións na Automatrícula. No caso dos premios extraordinarios a devolución realizaa de oficio a Sección de prezos públicos.

Se tes dereito a exención e pagaches a matrícula podes solicitar devolución ata o 31 de maio. Non se concederán devolucións despois desa data.

Tab 5 Content
Tab 5 Content

 

Se tes algunha consulta, podes contactar con nós no +34 986 130 116 ou no correo prezospublicos@uvigo.es

Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos