Vicerreitoría de Planificación e Sostibilidade

Félix Quintero Martínez, vicerreitor de Planificación e Sostibilidade

 

Félix Quintero Martínez é profesor titular de universidade na UVigo, onde obtivo o seu título de Enxeñeiro Industrial (especialización en mecánica) en 1999 e o seu doutoramento en 2004. 

A súa tese, sobre corte por láser de cerámica avanzada, foi galardoada co Premio Extraordinario de Doutoramento da Universidade de Vigo e o accésit no Premio Nacional de Investigación Juan Artieda de teses doutorais, outorgado pola Asociación para a Investigación e Desenvolvemento Industrial dos Recursos Naturais (AITEMIN). 

En 2005 obtivo unha bolsa Marie Curie Outgoing International Fellowship para investigadores posdoutorais para traballar na produción de nanofibras de vidro bioactivas producidas mediante a técnica de laser spinning. Realizou parte deste proxecto como científico visitante na Rutgers University, entre 2006 e 2007. Tamén realizou estadías como científico visitante no Imperial College of London e na Universidade do Minho. 

É coinventor da técnica patentada de laser spinning para a produción de nanofibras de vidro así como do único método coñecido para a produción ininterrompida de nanofibras de vidro continuas a partir dun fundido (Cofiblas), un procedemento protexido por unha patente triádica concedida polas oficinas de patentes española (2018), europea (2020), xaponesa (2021) e estadounidense (2024). 

A súa actividade investigadora centrouse principalmente no procesamento con láser de cerámicas e vidros, e especialmente na produción de nanofibras de vidro, con maior énfase nas súas aplicacións como biomateriais. Actualmente está principalmente interesado en desenvolver as aplicacións da técnica Cofiblas para a produción de nanofibras de vidro con propiedades mecánicas sobresaíntes para aplicacións estruturais.

É coautor de máis de 70 artigos de investigación indexados no JCR, 38 deles no primeiro cuartil (Q1) e 16 no primeiro decil (D1). É coinventor de 15 patentes españolas e de seis internacionais. Participou en máis de 20 proxectos de investigación de financiamento público e concorrencia competitiva de ámbito internacional, nacional e autonómico. Tamén participou en máis de 20 contratos de investigación e innovación con empresas. Actualmente conta con catro sexenios de investigación e codirixe dúas teses doutorais.

É membro do Comité Técnico TC28: Glass fibres for reinforcement and insulation da International Comission on Glass.
 

  • As relativas á programación, supervisión e execución das novas infraestruturas, así como a reforma, remodelación, adaptación ou reparación das xa existentes, en coordinación coa Xerencia.
  • As correspondentes ás actuacións urbanísticas que afecten a Universidade de Vigo.
  • As relacionadas con plans, proxectos e programas estratéxicos institucionais.
  • As correspondentes á solicitude e á contratación de proxectos, infraestruturas, equipamentos e instalacións de carácter institucional.
  • As de xestión e coordinación dos equipamentos e infraestruturas docentes.
  • As relativas á posta en marcha de programas de sustentabilidade enerxética e ambiental.
  • As relativas ás tecnoloxías da información e as comunicacións e os seus servizos.
  • A definición, execución e supervisión da política de prevención de riscos laborais.
  • A planificación e a coordinación das actividades de implantación e desenvolvemento da administración electrónica, de acordo coa Secretaría Xeral.
  • As relacionadas coa Fundación Universidade de Vigo (Fuvi).
  • As referidas á convocatoria de bolsas propias no ámbito das competencias delegadas nos puntos anteriores e os seus procedementos derivados.

 

Axenda


Organización

 

  • Planeamento de infraestruturas e de instalacións.
  • Seguimento de execución de obras.
  • Mantemento de edificios.
  • Atención a usuarios e usuarias.

José Luis González Cespón
Director da Área de Infraestruturas e Instalacións
dir.infraestruturasinstalacions@uvigo.gal
+34 647 343 319

  • Coordinar as actuacións dos servizos de prevención da Universidade de Vigo.
  • Coordinar as actuacións do Plan de mitigación do radon na Universidade de Vigo.
  • Elaborar e pór en marcha un plan de mobilidade cara a e dentro dos campus de Ourense, Pontevedra e Vigo.​​​​​​

Roberto Silva Piñeiro
Director da Área de Prevención e Mobilidade
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal

  • Dirixir a Oficina de Medio Ambiente.

Delfina Couce Fortúnez
Directora da Oficina de Medio Ambiente
+34 986 8138 83
oma2@uvigo.gal

  • Seguimento e avaliación da xeración renovable e dos consumos enerxéticos da UVigo.
  • Estudo de propostas de eficiencia enerxética na UVigo.
  • Seguimento dos prezos do mercado eléctrico.
  • Estudos de novas propostas de aproveitamentos renovables na UVigo.

Óscar López Sánchez
Director da Oficina de Servizos Enerxéticos (OSEu)
+34 986 813 440
oseu@uvigo.gal

Eugenia María Rodríguez González
Secretaría
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal

 

Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 440
vicplan@uvigo.gal