Dúas persoas charlan sentadas no interior dun edificio

Asesorámoste

A Universidade de Vigo ten ferramentas para axudarche en cada unha das etapas de estudante, tanto a futuros alumnos e alumnas como a actuais estudantes. Preme estes botóns no caso de que queiras acceder á universidade ou se xa es membro da nosa comunidade.

 


O SIE

O SIE é a sección de información ao estudante e o noso obxectivo é ofrecerlles a todo o alumnado así como a futuros universitarios, unha información clara e completa sobre todo o concernente á vida universitaria.

 


Gabinete psicopedagóxico

Ofrece información, asesoramento e formación ao alumnado, tanto no ámbito persoal como académico. Para coñecer máis deste servizo ou pedir cita, preme no seguinte botón.

Ir ao gabinete psicopedagóxico

 

 

 


MEET-UVigo

MEET-UVigo éun modelo titorial baseado na mentoría que consiste en que alumnado dos últimos anos de grao exerza de mentor de alumnado de primeiro curso. Para poder desenvolver este labor os e as estudantes mentores reciben unha formación intensiva en competencias transversais. 

Saber máis


E moito máis!

Ademais, sempre estamos traballando nas nosas canles de comunicación en pezas audiovisuais que poidan ser útiles na túa vida. Por exemplo, esta campaña con vídeos nos que se presentan todos os graos que temos na Universidade de Vigo

Ver os vídeos dos graos