UVigo nunha ollada

 

Nacemos no 1990 e dende entón mantivemos un constante crecemento e consolidación. Somos unha universidade de vangarda, coa excelencia como obxectivo, que está a medrar como unha referencia internacional na innovación e na investigación.

 

Unha universidade pública ao servizo da sociedade


A Universidade de Vigo é unha universidade pública, con autonomía académica, económica e de goberno e que se sitúa ao servizo da sociedade baixo os principios da igualdade, solidariedade, democracia e liberdade.

Os nosos fins prioritarios son a consecución das máximas cotas de calidade de docencia e investigación, así coma o fomento da procura de novos coñecementos e a transferencia destes á sociedade, a creación artística e o desenvolvemento científico e tecnolóxico.

 

Identidade


Escudo da Universidade de Vigo
Escudo da Universidade de Vigo
Logotipo Universidade de Vigo
Logotipo da Universidade de Vigo

 

Recursos humanos


  • 2295 persoas investigando
  • 702 persoas de administración e servizos

Matriculación


En titulacións oficiais 

Total 21235 matrículas

Titulacións oficiais

Matrículas

Egresados e

egresadas

Grao 17 237 2402
1.º e 2.º ciclo 585 525
Mestrado oficial 2048 1186
Doutoramento 1365 456
Total 21 235 4569

 

En estudos propios

  • 89 en titulacións propias
  • 2897 en obradoiros, eventos, cursos de formación e complementarios
  • 2767 en cursos de linguas
  • 568 no Programa de maiores

Estrutura da universidade


Situación dos tres Campus nun mapa do sur de Europa

  • 22 centros universitarios propios
  • 7 centros adscritos
  • 5 centros tecnolóxicos
  • 47 departamentos
  • 140 áreas de coñecemento

Estudos ofertados


Titulacións oficiais: 125

Titulacións oficiais

Total Grao/PCEO

Mestrado

Artes e humanidades 6 10
Ciencias 5 12
Ciencias da saúde 5 5
Ciencias sociais e xurídicas 22 27
Enxeñaría e arquitectura 14 19
TOTAL 52 73
  • 36 programas de doutoramento
  • 3 titulacións de programación conxunta
  • 4 dobres titulacións con universidades estranxeiras

Estudos propios

  • 1 titulación propia
  • 6 cursos especialista e mestrado/especialista
  • 124 obradoiros, eventos, cursos de formación, complementarios e de extensión
  • 142 cursos de linguas
  • 2 itinerarios do Programa de maiores

Prácticas en empresas (2016/2017)

  • 1187 alumnado de prácticas extracurriculares
  • 3652 alumnado de prácticas curriculares
  • 2958 empresas con convenio

Mobilidade (2016/2017)


Desde a UVigo 

  • 121 estudantes SICUE
  • 546 estudantes Erasmus
  • 86 estudantes doutros convenios 
  • 7 PAS Erasmus
  • 86 profesorado Erasmus
  • 119 profesorado con estadías no estranxeiro

Cara á UVigo  

  • 36 estudantes SICUE
  • 392 estudantes Erasmus
  • 155 estudantes doutros convenios
  • 40 profesorado con estadía na UVigo

 

Investigación e transferencia


Proxectos de investigación concedidos: 65

Grupos de investigación activos: 185

Grafica dos grupos de investigación por área
Grupos de investigación por áreas de coñecemento

Recursos captados (2016): 18.541.184,12 €

Clasificacións

A Universidade de Vigo atópase entre as 12 universidades de España con mellores resultados en investigación. A clasificación sobre os centros de ensinanza superior da Fundación Conocimiento y Desarrollo (CYD).

Infraestruturas e servizos (2016)


  • 37 edificios
  • 390 827 m2 de superficie construída
  • 296 prazas ofertadas en 3 aloxamentos universitarios
  • 53 856 m2 en instalacións deportivas
  • 656 aulas
  • 3322 postos de lectura en 11 bibliotecas

Máis información en uvigo en cifras