Convocatoria Xuventude Mentoring 2023
Se xa remataches os teus estudos universitarios ou estás a piques de rematalos e queres acceder ao mundo laboral, esta é unha boa oportunidade para facelo de maneira más doada!
Xuventude Mentoring é un programa integral de formación e mentoría destinado a persoas mozas tituladas para facer de nexo de unión entre o mundo académico e o mundo laboral.
Contarás en todo momento co acompañamento do noso equipo técnico de profesionais expertos en prospección e orientación para o emprego e cunha rede de persoas mentoras procedentes do empresariado galego que ofrecerán asesoramento e apoio ás persoas mentorizadas.
Información e solicitudes
Para achegar ao formulario de inscrición e máis información preme aquí.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 29 de setembro de 2023.