Next Generation Women Leaders Event Paris 2020

UVigo - Emprego 06/02/2020

O evento “Next Generation Women Leaders Event Paris 2020” está dirixido ás alumnas de grao, mestrado ou doutoramento que se gradúen non máis tarde do 2021 e a antigas alumnas con menos de 8 años de experiencia laboral. 
 
Trátase dun obradoiro de 3 días de duración que se celebrará en París do 8 ao 10 de maio centrado en temas de liderado da muller.

Este evento non ten ningún custe para as participantes que sexan seleccionadas. As interesadas poden enviar a súa candidatura ata o 1 de marzo .

Máis información sobre o evento a través da seguinte ligazón: https://www.mckinsey.com/next-generation-women-leaders/paris.

Por favor, comparte esta oportunidade con outras mulleres!