Novo acordo transformativo coa editorial Association for Compunting Machinery (ACM) para publicar en acceso aberto
A Universidade de Vigo asinou un acordo transformativo coa Association for Computing Machinery (ACM).
Con este acordo, as persoas que forman parte da comunidade universitaria poden acceder a todas as revistas de ACM, ao tempo que habilita a publicación en acceso aberto sen custo adicional nas súas revistas híbridas e Gold OA, cubrindo o 100% das taxas de publicación (APC).
Para beneficiarse desde desconto do 100 % nas APC:
- A autora ou autor de correspondencia (corresponding author) deberá ser membro da Universidade de Vigo e identificarse como tal mediante o seu correo electrónico institucional.
- Cómpre ter aceptado un artigo para a súa publicación entre o 1 de xaneiro de 2023 e o 31 de decembro de 2025.
As persoas beneficiarias deberán comprometerse a:
- Facer constar no artigo a filiación normalizada segundo o Protocolo de normalización da filiación institucional da Universidade de Vigo.
- Incluír nos agradecementos unha mención ao financiamento recibido pola Universidade de Vigo.
- Depositar a versión publicada do artigo no repositorio institucional Investigo para incrementar a súa visibilidade e garantir á súa preservación a longo prazo.
Máis información nas guías:
- Publicar en acceso aberto en Association for Computing Machinery (ACM)
- Acordos editoriais para publicar en acceso aberto
A Biblioteca Universitaria encargarase de xestionar as solicitudes e ofrecerá soporte e asesoramento sobre o procedemento que deben seguir as persoas interesadas.
As consultas pódense realizar por correo electrónico a través do enderezo accesoabertoacordos@uvigo.gal