Rolda de prensa para dar conta do lanzamento do satélite LUME-1
Data de celebración:
27 de decembro de 2018 ás 12:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI e Público externoOrganiza
Universidade de VigoLugar
Rúa Maxwell, s/n
36310 Vigo
España
Tipo de evento
Rolda de prensa - PresentaciónEntrada:
De balde Non é necesaria reserva.Modalidade
PresencialNo salón de graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación
Asisten: Belén Rubio, vicerreitora de Investigación; Fernando Aguado, profesor e investigador responsable da Agrupación Aeroespacial da Universidade de Vigo e Diego Nodar, cofundador da empresa Alén Space, spin-off da Universidade de Vigo
O salón de graos da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación acolle a rolda de prensa para dar conta do lanzamento do satélite da Universidade de Vigo, LUME-1, que será posto en órbita este xoves 27 de decembro ás 03.07.18 horas (AM) a bordo dunha nave Soyuz que despegará da base espacial rusa de Vostochny, en Siberia. Inserirase en órbita ás 07.25.32 horas e o primeiro pase por Vigo está previsto para as 11.00 da mañá.