Curso de metodoloxía do enfoque do marco lóxico aplicada aos proxectos de cooperación internacional ao desenvolvemento presentados polas universidades galegas
As universidades son actores clave en todo este proceso de axuda ao desenvolvemento e potentes impulsoras da innovación, o desenvolvemento económico e o benestar social, é por iso que teñen un papel fundamental para lograr o cumprimento dos obxectivos de desenvolvemento
sostible (ODS) e, á vez, beneficiarse e comprometerse coa Axenda 2030.
Esta formación, dirixida ao profesorado da Universidade de Vigo, insírese dentro do programa de formación da Rede Galega de Cooperación Universitaria ao Desenvolvemento (RGUC) destinada á comunidade universitaria galega e está financiado con cargo ao convenio asinado polas tres universidades e a Xunta de Galicia.
Os obxectivos do curso son, pro unha banda, demostrar o coñecemento práctico da metodoloxía do enfoque de marco lóxico (EML) e, por outra, identificar erros comúns nas formulacións presentadas a subvencións públicas de convocatorias anteriores.
O curso desenvolverase en modalidade virtual síncrona e presencial no campus de Ourense.
- Parte presencial
16 horas
4, 11, 18 e 25 de outubro de 2023, de 16 a 20 horas. - Traballo autónomo
8 horas
Desenvolvemento de tarefas de formulación de proxectos a realizar individualmente.
Ata o 5 de novembro de 2023.
Vicerreitoría de Benestar, Equidade e Diversidade
Edificio Ernestina Otero
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 130 261
vic.benestar@uvigo.gal
direc.equidade@uvigo.gal