Xornadas de benvida do campus de Ourense

O 4 de setembro no campus de Ourense, na praza Monumento Nós, disporanse mesas onde poderás obter información sobre:
 

1. Wifi, correo e teledocencia 
2. Aloxamento e transporte
3. Tarxeta universitaria
4. Biblioteca
5. Bolsas e axudas
6. Mobilidade (ORI)
7. Centro de Linguas
8. Área de Normalización Lingüística

  9. Emprego e emprendemento
10. Unidade de Igualdade
11. Cultura
12. Benestar, Saúde e Deporte
13. Delegacións e asociacións de alumnado
14. Voluntariado
15. Atención á diversidade
16. Información xeral


Ao longo de toda a xornada tamén haberá música, actividades científicas e culturais, actividades deportivas, xeados, bebidas e moito máis. Ademais, organizaranse as seguintes actividades programadas:
 

9.00 Proba de nivel de español para o estudantado internacional, organizada pola Oficina de Relacións Internacionais (ORI) en colaboración co Centro de Linguas
10.00 Apertura de portas 
Charla informativa para o alumnado internacional 
11.00 Demostración científica «A febre dos materiais». Aula aberta de ciencia
12.00 Pausa activa. Área de Benestar, Saúde e Deporte
14.00 Peche da xornada


Non faltes e vive con nós o inicio do curso na Universidade de Vigo! #SomosUVigo 

 

Máis información:

Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
+34 986 130 270
tecnica.captacion@uvigo.es