Innovación aberta
Coñeces a innovación aberta?
Un dos procedementos máis utilizados hoxe en día para a detección e a incorporación de talento ás empresas é a chamada «innovación aberta». Consiste basicamente en lanzar á contorna universitaria un desafío, unha necesidade ou un problema co fin de que o estudantado expoña e desenvolva posibles solucións ou melloras.
Conscientes desta tendencia, a Vicerreitoría de Captación de Alumnado, Estudantes e Extensión Universitaria, xunto coa Vicerrectoría de Investigación, propón crear un programa de ideas, bautizado co nome de «Colmea de ideas» co fin de canalizar aqueles desafíos propostos polas empresas e polas institucións á nosa contorna, servindo de correa de transmisión para que cheguen a toda a nosa comunidade universitaria e se poidan propoñer solucións innovadoras.
Mediante este observatorio de ideas queremos recompilar aqueles retos abertos presentados polas entidades aos que os membros da nosa comunidade universitaria poidan concorrer, tanto de maneira individual (mediante o desenvolvemento dos seus traballos de fin de estudos ou de doutoramento), coma en grupo (como xerme dun proxecto emprendedor).
Es estudante e queres realizar o teu TFG ou TFM resolvendo un problema real?
De seguido podes consultar os retos presentados por distintas entidades colaboradoras na convocatoria do programa de innovación aberta na contorna universitaria «Colmea de ideas» 2021/2022:
- Zendal
Mellora da mobilidade dos traballadores do polígono de Torneiros, A Granxa, A Relva, As Gándaras (O Porriño) - Zendal
Sistema de detección do nivel de toxinas - Davmac
Proposta de creación de empresa de solucións automatizadas e robotizadas - Fidelia ingenieros y consultores, SL
Creación dun sistema de arquivo intelixente que permita automatizar as descargas de arquivos adxuntos de correo en carpetas - High Tech Auto
Aplicación de tecnoloxías á mobilidade e/ou á automoción e aos seus auxiliares - Kauman
Sistema de limpeza de moldes metálicos de vulcanización de produtos de goma - Montajes Fiver
Nova liña de produción estandarizada - Panelship, S.L.
Proposta de optimización dalgún dos materiais usados na fabricación de produtos da empresa - Fundación Roberto Rivas
Creación dun laboratorio rural dirixido a xente xove - Fundación Ronsel
Creación dunha aplicación que valore as cinco uves da viabilidade dunha idea de negocio - Somosterra sociedade cooperativa galega xuvenil
ODS en acción! Impulsando a Axenda a nivel local - Spica, S.L.
Proposta dun sistema de participación cidadá e votación en remoto - Welgood Solutions, SL
Integración dun sistema de vending en aparcamentos - ZZink!lab: programa de innovación aberta de Zelnova Zeltia
Solucións innovadoras na mellora do coidado do fogar
Podes presentar as túas ideas ou solucións ata o 18 de febreiro de 2022.
- Convocatoria e impresos
- No seguinte vídeo ofrecémosche un resumo dos retos presentados polas entidades
Máis información:
Área de Emprego e Emprendemento
Edificio Miralles
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 814 036
areaemprego@uvigo.gal