6 Bolsas JAE Intro ICUs 2020 para estudantes de mestrado no Instituto de Investigacións Mariñas
O Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo ofrece 6 bolsas de formación, enmarcadas dentro da convocatoria JAE Intro ICUs 2020 do CSIC e dirixidas a estudantes de mestrado que queiran realizar o seu TFM con eles.
Os proxectos dos traballos van dirixidos ás áreas de bioloxía, de ciencias do mar, de ciencias ambientais, de química, de física e afíns.
Características das bolsas
- Duración: ata 6 meses.
- Remuneración: 800 €/mes.
Información e solicitudes
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de outubro de 2020.
Máis información aquí.