Bolsas de colaboración en departamentos universitarios

UVigo - Emprego 01/06/2023

O Ministerio de Educación convoca 2431 bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a facilitar a colaboración do estudantado universitario nos departamentos universitarios, en réxime de compatibilidade cos seus estudos, coa finalidade de iniciarse en tarefas de investigación vencellada aos estudos que cursan e facilitar a súa futura orientación profesional ou investigadora.

A dotación total e única da bolsa para todos os beneficiarios será de 2000 €.

Os seguintes requisitos débense cubrir na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes:

Requisitos para o estudantado de grao

  • Non posuír ou en disposición legal de obter un título académico de Grao, Licenciatura, Enxeñaría, Arquitectura ou Máster oficial.
  • Ter unha matrícula no curso 2023/2024 en ensinanza oficial pola totalidade de materias ou créditos que lle resten para finalizar os seus estudos de Grao e ter superado o 75 por cento da carga lectiva da súa titulación.
  • Posuír nos seus estudos unha nota media igual ou superior a:
    • 7,25 puntos para a rama de Enxeñaría , Arquitectura ou Ensinanzas Técnicas.
    • 7,70 puntos para as ramas de Ciencias, Ciencias Experimentais e para Ciencias Sociais e Xurídicas.
    • 7,80 puntos para a rama de Ciencias da Saúde.
    • 8,00 puntos para a rama de Artes e Humanidades

Requisitos para o estudantado de máster

  • Non posuír ou estar en disposición legar de obter un título académico de máster oficial ou de doutoramento.
  • Non ter superados todos os créditos excepto do TFM dun máster diferente para o que se solicita a bolsa.
  • Ter matrícula no curso 2023/2024 nunha ensinanza oficial da totalidade das materias ou créditos de primeiro curso de máster.
  • Posuír nos estudos universitarios previos que dan acceso ao máster a nota media establecida no apartado anterior de estudantes de grao, en función da rama de coñecemento de procedencia.

Información e solicitudes

A solicitude deberase cubrir mediante o formulario accesible por vía telemática en https://sede.educacion.gob.es.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto dende o 8 de xuño ata o 19 de setembro de 2023.

Máis información aquí.