Bolsas no Congreso dos Deputados 

UVigo - Emprego 20/02/2020

O Congreso dos Deputados convoca tres bolsas individuais para a realización de estudos e tarefas aplicadas de carácter documental, estatístico, informativo e analítico relacionadas cos órganos e as actividades da Unión Europea e co sistema constitucional e o parlamentario español.

Requisitos

  • Grao/Licenciatura ou título equivalente obtido con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2017
  • Acreditar preparación teórica específica en materias relacionadas cos órganos ou actividades da Unión Europea, co sistema constitucional e parlamentario español ou, de ser o caso, en experiencia práctica sobre tales materias
  • Non gozar doutra bolsa do Congreso dos Deputados ou do Senado
  • Posuír unha competencia suficiente en lingua castelá e en lingua inglesa, como mínimo, así como noutras linguas de países membros da Unión Europea
  • Nado/a despois do 1 de xaneiro de 1990

Entre outros méritos, puntuará a formación académica adicional nos ámbitos das ciencias xurídicas, humanidades ou políticas (ata 5 puntos), os coñecementos acreditados con certificación de centros oficiais do idioma inglés, francés ou doutras linguas oficiais da UE, excluído o español (ata 4 puntos), a experiencia laboral en institucións ou entidades públicas ou privadas mediante relación contractual ou de colaboración, exceptuándose as prácticas curriculares conducentes á obtención dun título oficial (ata 3 puntos).

Dotación económica 

  • A duración das bolsas será de 12 meses e a súa contía mensual de 1.075 €

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 5 de marzo de 2020.
Máis información aquí.