Bolsas de formación no ámbito de recursos pesqueiros e economía financeira

UVigo - Emprego 12/06/2023

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación convoca  5 bolsas de formación práctica dirixidas a persoas con titulación universitaria nos seguintes ámbitos:

  • 4 bolsas na área de recursos pesqueiros.
  • 1 bolsa na área de economía financeira.

Características das bolsas

  • A contía de cada bolsa será de 1150 euros brutos mensuais.
  • As bolsas teñen una duración inicial máxima de 10 meses, podendo prorrogarse anualmente por dous anos máis.

Requisitos

  • Posuír titulación universitaria de grao, enxeñaría técnica ou superior ou equivalente en materias e especialidades relacionadas coas funcións da Dirección Xeral de Recursos Pesqueiros para as bolsas da área de recursos pesqueiros, e preferiblemente en estudos de ciencias sociais e xurídicas como, Dereito, Economía, Administración e Dirección de Empresas, Xestión e Administración Pública, Recursos Humanos, Comercio, Comunicación, Contabilidade e Finanzas, Maxisterio, Relacións Internacionais ou Xornalismo para a bolsa da área de economía financeira.
  • Ter finalizado os estudos nos seis anos anteriores á convocatoria

Presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 29 de xuño de 2023.

Máis información aquí.