Bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

UVigo - Emprego 04/07/2022

A Consellería de Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades convoca 11 bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas seguintes universidades:

Destino Localidade País
Ruprecht-Karls-Universität Heidelberg Heidelberg  Alemaña
Christian-Albrechts-Universität zu Kiel  Kiel Alemaña
Universidade de Miño  Miño Portugal
Universidade de Deusto País Vasco España
Uniwersytet Warszawski Varsovia Polonia


As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia co código do procedemento PL500F.

Destino Localidade País
Universidade do Algarve Algarve Portugal
Freie Universität Berlin Berlín Alemaña
Università degli Studi di Padova Padua Italia
Universidade do Estado do Río de Janeiro Río de Janeiro Brasil
Sapienza Università di Roma Roma Italia
Sveučilište u Zadru Zadar Croacia

As solicitudes presentaranse na sede electrónica da Xunta de Galicia co código do procedemento PL500E

Requisitos

Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.

Poderá solicitar todas as prazas ofertadas quen estea en posesión dalgunha das seguintes titulacións:

  • Licenciatura en Filoloxía Galega.
  • Licenciatura en Filoloxía Románica.
  • Grao en Lingua e Literatura Galegas.
  • Grao en Estudos de Galego e Español.
  • Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios.
  • Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española.
  • Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios.

Tamén se poderá presentar quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de humanidades, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4 e, no caso de universidades de fóra de España, 21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

Información e solcitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 28 de xullo de 2022.

Máis información aquí.