Bolsas de formación en lectorados de lingua, literatura e cultura galegas

Solicitudes ata o 12 de xuño

UVigo - Emprego 15/05/2023

A Xunta de Galicia convoca 11 bolsas de formación nos lectorados de lingua, literatura e cultura galegas nos centros de estudos galegos localizados nas universidades españolas de Barcelona, Estremadura e Granada e nas estranxeiras do Algarve, Lisboa, Padua, Roma, Berlín, Zadar, Río de Xaneiro e São Paulo.

O programa formativo das bolsas que terán unha duración máxima de 3 anos consta de actividades relacionadas coa docencia, a programación e organización de tarefas, a investigación, a difusión e a promoción da lingua, a literatura e a cultura galegas.

Na convocatoria tamén se ofertan tres prazas de persoal contratado para os Centros de Estudos Galegos das Universidades de Bangor University (Reino Unido), University College Cork (Irlanda) e Uniwersytet Warszawski (Polonia).

Contía

  • 1225 € brutos mensuais para os lectorados localizados en universidades españolas.
  • 1378 € brutos mensuais para os lectorados localizados en universidades estranxeiras.

Para os contratos das Universidades de Bangor, Cork e Varsovia, consúltese a táboa da convocatoria.

Requisitos

  • Non superar os 35 anos de idade na data de remate do prazo da presentación de solicitudes.
  • Posuír algunha das seguintes titulacións: Licenciatura en Filoloxía Galega, Licenciatura en Filoloxía Románica, Grao en Lingua e Literatura Galegas, Grao en Estudos de Galego e Español, Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios, Grao en Filoloxía Aplicada Galega e Española, Grao en Galego e Portugués: Estudos Lingüísticos e Literarios. Poderán tamén presentar solicitude quen estea en posesión dalgunha das titulacións da área de humanidades, sempre que, como mínimo, acredite 18 créditos de lingua galega e estea en posesión do Celga 4.
  • No caso de presentar solicitude para algunha universidade estranxeira, deberase acreditar  21 créditos en materias da lingua oficial do país en que se localice o lectorado solicitado ou, no canto destes, 21 créditos en materias de inglés.

Información e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 12 de xuño de 2023.

As solicitudes tramitaranse en https://sede.xunta.es co procedemento PL500E e PL500F.

Máis información aquí.