Bolsas de formación práctica en oficinas de turismo no estranxeiro
A Axencia Turismo de Galicia convoca 9 bolsas de formación práctica, en réxime de concorrencia competitiva, en mercados emisores mediante a realización de prácticas de especialización en oficinas de turismo en Londres, París, Berlín, Miami, Lisboa, Bruxelas, Cantón, Roma e Dublín.
O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2020 cunha duración máxima de 10 meses.
Requisitos
- Nacionalidade: ser español/a ou nacional dun Estado membro da Unión Europea.
- Titulación: estar en posesión na data de aceptación da bolsa dun grao universitario ou titulación homologada ou equivalente.
Poderán participar no proceso de selección aqueles candidatos e candidatas que no momento de presentación das solicitudes teñan superadas todas as materias do grao e estean pendentes da presentación e defensa do traballo de fin de grao. Estes candidatos deberán acreditar estar en posesión do título universitario no momento de aceptación da bolsa.
O título non poderá ser anterior ao 1 de xaneiro 2014. Tamén serán admitidas aquelas persoas candidatas cuxa titulación fose obtida nunha data anterior e estean en posesión dun mestrado universitario relacionado directamente co turismo expedido a partir do 1 de xaneiro de 2014.
- As persoas solicitantes deberán acreditar o coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4.
Outras linguas
- Para as bolsas de Londres, Dublín, París, Berlín, Miami, Roma e Lisboa deberase acreditar o coñecemento da lingua oficial do país.
- Para a bolsa de Bruxelas deberase acreditar o coñecemento das linguas francesa ou, na súa falta, inglesa.
- Para a bolsa de Cantón deberase acreditar o coñecemento das linguas chinesa ou, na súa falta, inglesa.
Dotación
- Londres: 29.252,30 €
- París: 23.477,00 €
- Berlín: 22.175,00 €
- Lisboa: 22.547,00 €
- Miami: 24.968,10 €
- Bruxelas: 29.252,30 €
- Cantón: 24.968,10 €
- Roma: 22.547,00 €
- Dublín: 29.252,30 €
Na dotación de cada unha das bolsas están incluídos os gastos de desprazamento (ata e desde o lugar de destino) e o seguro médico, de accidentes e de responsabilidade civil obrigatorio.
Información e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanacerá aberto ata o 23 de xaneiro de 2020.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TU981B.
Máis información no DOG do 23 de decembro de 2019 e en http://www.turismo.gal/canle-institucional, por teléfono: +34 981 547 406 ou por correo electrónico proxectos.turismo@xunta.gal.