Bolsas de formación práctica do Programa Fundación SEPI–Consorcio de Compensación de Seguros

UVigo - Emprego 02/10/2020

A Fundación SEPI, conforme ao convenio subscrito co Consorcio de Compensación de Seguros, convoca 37 bolsas de formación práctica para desenvolver nalgunha das delegacións do consorcio: Galicia, Madrid, Oviedo, Sevilla, Tenerife ou Zaragoza.

O programa ten como finalidade facilitarlles á persoas mozas con título universitario ou de ciclo superior de formación profesional, así como ao estudantado de enxeñería superior ou de mestrado con todas as materias da carreira aprobadas agás o proxecto de fin de carreira, períodos de formación práctica como bolseiros ou bolseiras, baixo a supervisión dun titor ou titora.

Os campos de estudo ao que van dirixidas as bolsas son: empresarial, económico, xurídico, documentación e biblioteconomía, ciencias (matemáticas), enxeñaría e arquitectura. 

Características das bolsas

  • Incorporación prevista para o 1 de decembro de 2020
  • A duración das bolsas será de 12 meses
  • A contía mensual será de 885 €

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 14 de outubro de 2020.

Máis información e inscrición aquí.