Bolsas formativas no Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial

UVigo - Emprego 14/10/2020

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial «Esteban Terradas» convoca 27 bolsas para a formación teórico-práctica e o perfeccionamento tecnolóxico en materias e en proxectos propios do instituto así como para facilitar a incorporación ao mundo laboral. Ofrece 6 bolsas dirixidas a persoas tituladas en grao superior de formación profesional e 21 bolsas para persoas con título universitario de grao, licenciatura ou enxeñaría.

As bolsas nas que se require titulación universitaria, das titulacións impartidas na Universidade de Vigo, hai bolsas dirixidas ás titulacións de Aeroespacial, Telecomunicación, Informática, Industrial, Física, Química, Informática e unha delas destinada á titulación de Dereito.

Características das bolsas

  • A duración das bolsas será de dous anos, podéndose prorrogar por outro ano máis
  • A contía mensual das bolsas será de 1000 € para as persoas beneficiarias con titulación universitaria e 750 € para as persoas con titulación de formación profesional

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 5 de novembro de 2020.

Máis información aquí.