Bolsas Fulbright para ampliar estudos de posgrao nos Estados Unidos 2022/2023
Convócanse ata 20 bolsas Fulbright para cursar estudos de posgrao en universidades dos Estados Unidos en calquera disciplina.
A duración da bolsa será de 10 a 12 meses e desenvolverase entre o verán de 2022 e o outono de 2023. Poderá renovarse por un segundo período de máximo 12 meses.
Requisitos
- Nacionalidade española.
- Titulación superior obtida entre xaneiro de 2014 e setembro de 2021.
- Excelente coñecemento do idioma inglés.
Dotación
- A bolsa inclúe unha contía para os desprazamentos de ida e de volta e para os gastos varios da primeira instalación, unha contía mensual de entre 1400 e 2760 $, gastos de matrícula e seguro médico e de accidentes.
Información e solicitude
Prazo de presentación de solicitudes: ata o 14 de abril de 2021.
Máis información e inscrición aquí.