Bolsas de introdución á investigación «JAE Intro» no CSIC

UVigo - Emprego 27/02/2020

O Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) convoca, en réxime de concorrencia competitiva, 250 bolsas de introdución á investigación «JAE Intro», no marco do Programa JAE. 

O obxectivo das bolsas é dar a coñecer, a través desta iniciación na carreira científica, a Axencia Estatal CSIC no ámbito universitario e as posibles saídas profesionais que ofrecen o seus institutos. Deste xeito, propician unha aproximación ao coñecemento dos problemas científico-técnicos actuais e aos métodos utilizados para a resolución daqueles.

Requisitos

  • Estar matriculada/o nun grao durante o curso académico 2019-2020, e ter completado, polo menos, o 80 % dos créditos (ECTS) correspondentes
  • Ser estudante dun Máster Universitario oficial no curso 2020-2021, demostrable ao solicitar unha preadmisión, admisión ou matrícula para o antendito máster
  • Estar matriculado/a nun Máster Universitario oficial durante o curso 2019-2020
  • Acreditar unha nota media, en escala decimal de 0-10 e con 2 decimais, igual ou superior a 8.00 aplicable a todas as ramas de coñecemento, agás na de Enxeñaría e Arquitectura, que deberá ser unha media igual ou superior a 7.00

Onde e cando?

  • A duración das bolsas é de 5 meses consecutivos, a realizar a partir do 1 de setembro de 2020
  • En calquera Instituto do CSIC

Dotación

  • A dotación económica das bolsas será de 3000€

Información e solicitudes

Os prazos para a cumprimentación do trámite de entrega de solicitudes interrómpense, coma consecuencia da emerxencia do COVID-19 e así establece o RD 463/2020, volverán a computar os prazos unha vez esta finalice. A suspensión do prazo non impide que as persoas solicitantes podan realizar o trámite. 

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 9 de abril do 2020.

Máis información e inscrición aquí.