Bolsas para investigación e teses doutorais no Centro de Investigación Sociolóxicas 

UVigo - Emprego 03/02/2021

O Centro de Investigacións Sociolóxicas (CIS) convoca oito axudas para a explotación do seu banco de datos e dúas axudas para a finalización de teses doutorais en ciencia política ou en socioloxía, en materias de interese para o organismo.

As oito axudas para a explotación do banco de datos do CIS poderán ser tanto para investigadores e investigadoras individuais como para equipos de investigación.

Requisitos

  • Posuír un título de grao ou unha licenciatura.

Contía

  • No caso da explotación do banco de datos do CIS, a contía das axudas individuais será de 6000 € e a das axudas a un equipo investigador de 10.000 €.
  • Nas axudas para a finalización de teses doutorais a contía será de 5000 €.

Información solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 1 de marzo de 2021.

Máis información aquí.