Bolsas Programa Airbus Fin de Carreira 2020
A Fundación SEPI convoca as bolsas correspondentes ao Programa Airbus Fin de Carrera 2020 coa finalidade de facilitar a mozos e mozas con titulación universitaria ou estudantes cun máximo de 30 créditos ECTS por aprobar, períodos de formación práctica, coma bolseiros/as, en centros de traballo de Airbus.
Duración das bolsas
- Ata un máximo de 11 meses.
Requisitos
- Título universitario obtido nos cursos 2017/2018, 2018/2019 ou 2019/2020 ou ter como máximo ata 30 créditos ECTS pendentes de aprobar.
- Nacido/a con posterioridade ao 31 de decembro de 1990.
- Nivel de inglés alto.
- Non ter gozado de ningún programa de bolsas desta fundación anteriormente.
Información e solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 9 de xaneiro de 2020.
Máis información aquí.