Bolsas Schuman de Prácticas no Parlamento Europeo

UVigo - Emprego 09/11/2020

O Parlamento Europeo ofrece dous períodos de prácticas. Actualmente está aberto o prazo para as prácticas que se desenvolven entre os meses de marzo e xullo. Son bolsas remuneradas e a súa duración é de 5 meses. As persoas beneficiarias destas bolsas gozarán delas nos lugares oficiais de traballo do Parlamento Europeo (Bruxelas, Luxemburgo ou Estrasburgo) ou nas súas oficinas de enlace nos Estados membros.


Os ámbitos nas que se desenvolven as prácticas son: as políticas interiores e exteriores da Unión Europea, as finanzas, o dereito, o multilingüismo, a administración, as infraestruturas e a loxística, as comunicacións ou as tecnoloxías da información.

Requisitos

  • Estar en posesión dun título universitario
  • Bo coñecemento dunha das linguas oficiais da UE e moi bo coñecemento doutra delas

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 30 de novembro de 2020
Máis información e inscrición aquí.