Congenia: a oportunidade para cambiar a túa perspectiva do mundo profesional 

UVigo - Emprego 26/05/2021

Gustaríache coñecer de primeira man experiencias reais de éxito?

Chega Congenia, unha iniciativa de Endesa e de FUE na que lles poderás preguntar directamente a grandes mulleres profesionais de éxito todo sobre os seus proxectos e a súa experiencia na empresa líder do sector eléctrico español.

Os días 15, 16 e 17 xuño, a través dunha serie de seminarios web, estudantes de todos os cursos de FP, de grao e de mestrado de España poderán inspirarse grazas a testemuños reais.

Ademais das túas preguntas, cada seminario web ten un tema principal sobre o que poderás aprender e cambiar a túa perspectiva.

Rexístrate xa e deixa fluír o teu talento para que te leve ata onde queres chegar.

Inscrición e máis información aquí.