Contrato temporal na Fundación CETMAR como Enxeñeiro/a Técnico/a para o Proxecto RADAR ON RAIA

UVigo - Emprego 29/06/2020

A Fundación CETMAR realiza a convocatoria dun proceso selectivo para a contratación temporal dun/dunha Enxeñeiro/a Técnico/a para o Proxecto RADAR ON RAIA. A persoa contratada prestará apoio ás tarefas técnicas e administrativas do devandito proxecto.

Requisitos

  • Titulación de Enxeñería  Técnica Industrial ou Grao en Enxeñería Industrial
  • Puntuaranse os servizos prestados en postos e actividades equiparables ou relacionadas co perfil da praza 
  • Permiso de conducir
  • Dispoñibilidade de embarque (non é preciso enrolarse)
  • Acreditación de coñecemento do idioma galego con Celga 4 ou equivalente (no caso de non acreditarse, realizarase unha proba específica consistente na tradución dun texto de galego ao castelán e outro de castelán ao galego)

Onde e cando?

  • A duración prevista do contrato é de 18 meses
  • A xornada de traballo será a tempo completo
  • O lugar de traballo é Vigo, na sede de Cetmar

Dotación econónmica

  • O salario bruto anual será de 22 017,70€

Inscrición e solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto ata o 14 de xullo de 2020.
Máis información aquí.