​​​​​​​Convocatoria de 25 prazas en modalidade de contrato predoutoral no INTA

UVigo - Emprego 12/06/2023

O Instituto Nacional de Técnica Aeroespacial “Esteban Terradas” (INTA) ten aberta una convocatoria para a cobertura de 25 prazas do Grupo Profesional M3 mediante a modalidade de contrato predoutoral de persoal investigador en formación dentro de diversos proxectos relacionados coas áreas de traballo do instituto.

Características dos contratos

  • Duración do contrato predoutoral: 4 anos.
  • A contía das retribucións serán de  23.640,68 € brutos anuais, distribuído en 14 mensualidades.
  • 24 prazas desenvolveranse na provincia de Madrid e unha praza desenvolverase na provincia de Huelva.

Requisitos

  • Posuír titulación universitaria do Nivel 3 do MECES ou equivalente en Física, Química, Ciencias de Materiais, Enxeñaría Industrial, Informática, Telecomunicación, Ciencia de Datos, Ciencias Biolóxicas, Óptica, Aeroespacial, Aeronaútica ou Matemáticas.
  • Ter admisión ou estar en proceso de admisión a un programa de doutoramento.
  • Non poderán participar quen xa posúa título doutoramento.

Presentación de solicitudes

A solicitude deberá completarse conforme o modelo do Anexo II da convocatoria e envíala a través de https://sede.administracion.gob.es/.

O prazo de presentación da solicitude finaliza o 21 de xuño de 2023.

Máis información aquí.