Convocatoria para enxeñeiros/as sénior de datos e de software no Concello de Ourense

UVigo - Emprego 05/04/2021

O Concello de Ourense convoca 17 prazas para enxeñeiros/as sénior de datos e de software no Centro de Intelixencia Artificial. O Concello elaborará unha listaxe de persoas interesadas en incorporarse ao centro como funcionariado interino para desempeñar estes postos.

Requisitos

Posuír o título de Grao en Enxeñaría Informática, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría en Telecomunicacións, Física, Matemáticas, Matemáticas e Informática, Enxeñaría do Software, Enxeñaría de Ordenadores, Sistemas de Información, Tecnoloxías para a Sociedade da Informacion, Estatística ou calquera outra titulación de grao que, atendendo ao seu contido curricular, permita acreditar os coñecementos técnicos para a realización das funcións do posto.

Información e solicitudes

Prazo de presentación de solicitudes: ata o 9 abril o 2021.

Máis información aquí.